Hosting por Logo dinahosting
29 Xuño, 2007

Torrecerredo

Torrecerredo
Días 14 e 15 de xullo


Nesta fin de semana faremos unha saidiña expres a Picos de Europa para intentar coronar a súa maior altitude, o Torrecerredo (2648 m). Mirador excepcional que nos servirá para estirar as patas e prepararnos para o que nos espera na semana pirenaica de agosto.

Saída o sábado a iso das 10 da mañá desde o clube. Unhas cantas horiñas de viaxe para plantarnos nas invernales del Texu, en Sotres. Desde alí subiremos ata Vega de Urriello, donde vivaquearemos ó pe do imponente Pico Urriello, penedo de considerables dimensións donde se ten forxado as maiores lendas da escalada nacional.

O Domingo sairemos cedo con dirección ó Torrecerredo pola horcada arenera. Faremos o Pico e voltaremos pola Horcada de Don Carlos a Vega de Urriello e de ahí ós coches para volver á nosa casiña e disfrutar de outra semana de grandes emocións no curro…

A subida e sobre todo a baixada do Torrecerredo e bastante aerea e require o uso das mans e se cadra arrastralo cu un pouco no descenso. Unha gozada vamos…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón