Hosting por Logo dinahosting
6 Maio, 2013

Travesía polo macizo central de Picos de Europa

Do 17 ó 19 de maio de 2013
Actividade conxunta Montaña-Sendeirismo

MONTAÑA
Travesía polo corazón do macizo central dos Picos na que ascenderemos o pico mais alto do macizo así como distinguiremos o lonxe a esvelta figura do Picu Urriellu.

Saída o Xoves para durmir en Posada de Valdeón e saír o venres as 9:00 AM cara Caín para comenzar a actividade, así que nada de chegar tarde.

O nivel técnico non e moi esixente, pero si é imprescindible estar familiarizado coa progresión en terreo nevado con piolet e crampóns así como coñecer as técnicas de autodetención. Sen embargo o nivel físico e alto-moi alto, pois o primeiro día faremos o desnivel mais “salvaxe” de picos, sairemos de caín, unha das aldeas mais baixas de picos ua ns 460 msnm, para dirixirnos o torrecerredo, cume mais alta dos picos, 2650 msnm. Uns 2090 metros de desnivel positivo só o primeiro día. O resto dos días, aínda que mais calmados, hai que camiñar con celeridade para que non nos pille a noite no camiño. Teremos a oportunidade de ver a posta de sol mais fermosa dos picos de europa a noite do sábado.

MATERIAL: Roupa e calzado adecuado, arnés, casco, piolet, crampóns (Todo o material homologado para alpinismo, non valen cascos de bicicleta nin arneses de fortuna feitos cunha cinta)
Nos refuxios hai mantas, pero os maís frioleiros atoparán no saco de durmir o seu mellor compañeiro nas frías noites. Tamén se pode almorzar e cear no refuxio, así que se non queremos subir esas comidas por non levar peso, con levar comida de ataque para os tres días será suficiente.

Organizan: Lucas Rodriguez e Víctor Barro.

A actividade poderá variar en función da meteoroloxía.


SENDEIRISMO…

Saida o venres pola maña cara Posada de Valdeón-León.
Dependendo das condicións meteorolóxicas:
A- Ruta ascensión a Collado Jermoso.
B- Realizaremos actividades varias (Ruta  del Cares, Friero…) dende albergue
en  Posada de Valdeón.
Nota:Segundo se confirme a meteo iremos detallando a actividade a realizar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón