VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA
GES CAM CLUB ALPINO OURENSÁN – FGE
DATAS: 10-12 outubro 2009
LUGAR: Alto Curueño – León
PRESENTACIÓN
O Club Alpino Ourensán – GES CAM organiza, conxuntamente coa Federación Galega de Espeleoloxía, a presente edición 2009 do campamento extraterritorial galego de espeleoloxía, evento este o cal invitamos a todos os espeleólogos/as galegos.
A zona escollida polo noso club para esta actividade en concreto, na que se trata de levar a exploración das cavidades soterradas fora da nosa xeografía, lévanos a terras leonesas onde pensamos que todos podemos gozar en covas tales como:
A lista definitiva de cavidades a visitar será comunicada no momento de facer a inscrición xunto coa documentación do campamento xa que aínda estamos a explorar algunhas delas e así poder dar datos concretos.
Dende a organización estamos a traballar para que estas xornadas sexan do agrado de todos e confiamos en poder facelo deste xeito. O seguinte paso correspóndevos a vos. Póndevos en contacto co voso club para confeccionar a lista de participantes e así por en marcha o evento. Facédeo con tempo suficiente, antes da data límite, para poder organizar o traballo e corrixir calquera contratempo que se presente.
En web.clubalpinoourensan.es iremos colgando información día a día do VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA segundo se vaia producindo.
Esperámosvos a todos en León. ¡Vémonos!
PROGRAMA
Sábado 10.10.2009
12:00 a 14:00 horas
Recepción de participantes e entrega de documentación.
16:00 a 20:00 horas
Actividade espeleolóxica na zona.
Domingo 11.10.2009
Actividade espeleolóxica durante toda a xornada con pausa para xantar.
21:30 horas
Cena conxunta.
Luns 12.10.2009
10:00 a 14:00 horas
Actividade espeleolóxica
14:00 horas
Peche do VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA e despedida dos participantes.
COMO CHEGAR
O albergue “Sierro Negro” en Lavadera (León ) servirá como punto de encontro de todos os participantes destas xornadas espeleolóxicas. Aquí levaremos a cabo a recepción de participantes do VIII CAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA e aquí é onde temos feitas as reservas de pernocta para estes tres día de actividade. Para calquera cuestión que poda xurdir non dubidedes en pórvos en contacto co club por algún dos medios que vos amosamos neste mesmo triptico.
ACCESOS O ALBERGUE:
Dende León, pola estrada León-Collanzo, LE-311:
- Pardavé
- Matallana
- Vegacervera
- Felmín
- No cruce a Valdeteja, a man dereita; o terceiro pobo é LAVANDERA
Dende Asturias, polo Puerto de Pajares, N-630:
- Villamanín
- Fontún
- Velilla de la Tercia
- Barrio de la Tercia
- Cármenes
- Almuzara
- No cruce a Valdeteja, a man dereita; o terceiro pobo é LAVANDERA
MAIS DATOS
MATERIAL NECESARIO: Material de durmida, manutención e material de espeleoloxía (tamén vertical).
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERES
o albergue dispón de 44 pazas distribuídas así:
- Dúas habitacións dobres.
- Dúas habitacións triplas.
- Dúas habitacións con literas de 16 prazas cada unha.
- Dúas camas supletorias que se adaptan a calquera das habitacións.
Amplo salón comedor con chimenea, calefacción central e auga quente.
REGULAMENTO
- -O VIIICAMPAMENTO EXTRATERRITORIAL GALEGO DE ESPELEOLOXÍA celebrarase en Alto Curueño – León os días 10, 11 e 12 de outubro de 2009
- – É imprescindible estar en posesión da Licenza Federativa de Espeleoloxia do ano en curso para poder participar no campamento. Os menores de idade precisan de permiso paterno e acudir tutelado por un adulto.
- – Os participantes virán equipados con material espeleolóxico tanto de progresión horizontal como vertical.
- – .- O límite para facer a inscrición será o luns 5 de outubro de 2009.
- – A organización no se responsabiliza de posibles accidentes e declina toda responsabilidade.
- – Calquera outra situación ou dúbida non prevista por este regulamento será resolta pola organización.