Dende xa e ata o 23 de novembro podes votar por unha imaxe para o Premio Popular do Concurso de fotografía. Todos os socios poderán votar por unha imaxe, de entre as presentadas e non premiadas, como gañadora do premio popular. A imaxe que mais votos consiga será a gañadora.Recorda que podes ver as imaxes nesta ligazón https://www.flickr.com/photos/clubalpinoourensan/albums/72157671047561373Todas as imaxes están numeradas conforme a imaxe inferior.
Para votar utilizarase a seguinte ligazón http://enquisas.clubalpinoourensan.es/index.php/469349 . Para poder accer á aplicación para votar terás que introducir os 5 últimos díxitos do teu DNI incluida a letra (senón es socio non poderás votar). Tamén te podes achegar polo local no horario no que está aberto (mércores de 19:00 a 21:00). Escríbenos a [email protected] se tes algún problema. O voto será anónimo
O gañador ou gañadora darase a coñecer na cea de navidade.