Xa temos unha nova edición do Cairn que ao igual que o ano pasado ten como obxectivo que sexa unha revista que vos que quede de recordo das actividades nas que participáchedes e senón puideches, que poidas estar informado de todo o que aconteceu no club nese ano. E por qué non?, para fardar coa familia e cos amigos do club o que pertences ;).
Á diferencia das revistas de montaña que temos de referente, no CAIRN os protagonistas sodes vós, dende o contido, a redacción, edición e imaxes. Nel, vós nos contades as actividades que se fixeron no club ó longo do 2017 e actividades singulares dalgún de vós..
Xa temos unha partida na imprenta esperando a que nos chegue a finais deste mes e avisaremos en canto poidades pasarvos a por él.
O custo do CAIRN é o de impresión de 4,50€ por exemplar (máis barato que unha desnivel).
Tamén podes ver números anteriores do CAIRN na web e coma sempre, en abril colgaremos esta edición http://web.clubalpinoourensan.es/cairn