Edurne Pasaban na Semana Audiovisual Club Alpino Ourensán
XII SEMANA AUDIOVISUAL CLUB ALPINO OURENSÁN
ORGANIZA:
CLUB ALPINO OURENSÁN
PATROCINIO ESPECIAL DA “FUNDACIÓN FLORENCIO ÁLVAREZ-MARIA TERESA ESTEBAN”
AUDITORIO MUNICIPAL DE OURENSE
Mércores 24 de novembro as 20:30 h.:
“PATAGONIA-ALPES UNHA AVENTURA CON ESQUIS DE MONTAÑA” por Rubén Estevez Rodríguez.
O autor móstranos dúas paisaxes de montaña soñados, Patagonia en América do sur e os nosos Alpes, dúas aventuras con esquís de montaña por algunhas das mais coñecidas cimas de estas dúas cordilleiras montañosas.
Xoves 25 de novembro as 20:30 h.:
“EDURNE PASABÁN 14 x OCHOMIL” por Edurne Pasabán.
A alpinista guipuscoana Edurne Pasabán esfiará a súa traxectoria nas 14 montañas mais altas do planeta, despois de converterse na primeira muller en conquistar tódalas cimas destas mastodónticas montañas e única muller no mundo en ter alcanzado a cima e baixado con vida do colosal K2, todo elo cas súas experiencias, anécdotas e un análise persoal deste mundo, asemade de contarmos os seus próximos retos como o de escalar o Everest sen oxixeno na primavera que ven.
Venres 26 de novembro as 20:30 h.:
“KILIMANJARO A LIBERDADE DUN PAIS” por Pablo Ferro, Ignacio Rafael e Cesar Saco.
Tres socios e amigos do club, viaxan a Tanzania co obxectivo de ascender á mítica cima do Kilimanjaro. Unha aventura que, lonxe do que se pode pensar, segue a ser unha cima de case 6.000 metros cun ambiente cambiante, rodeada dun halo de misticismo que envolve a viaxe dende o primeiro momento.
En vindeiros comunicados mais información.