por Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros
Nesta proxección adentrarémonos nas terras altas e mostrarémosvos uns dos trekin máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e remata en Skógar.
A palabra «Islandia» deriva do islandés Ísland, vocábulo que provén do nórdico antigo, que significa «terra de xeo»
A illa marca o límite entre a Placa Euroasiática e a Placa Norteamericana, xa que foi creada pola intensa actividade do vulcanismo na zona ao longo da dorsal mesoatlántica. Todo isto tradúcese nunha alta actividade xeolóxica, que dá lugar a máis de 200 volcáns. A media é que cada cinco anos adoita sufrir unha erupción volcánica.
Os lagos e glaciares cobren o 14,3% do país e só o 23% está cuberto por vexetación. O interior da illa, as terras altas de Islandia, son unha combinación fría e inhabitable de area e montañas.
“Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia”
O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14 oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas… pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesitase algo máis, necesitase paixón.