Hosting por Logo dinahosting
19 Setembro, 2011

XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía



XLIV Campamento Galego de Espeleoloxía

15,16 de outubro de 2011 – Covas-Rubiá (Ou)

A Federación Galega de Espeleoloxía e Club Alpino Ourensán convidamos a tódolos espeleólogos a 44 Edición do Campamento Galego de Espeleoloxía, unha nova oportunidade de compartir experiencias afíns e que neste caso terá lugar na serra“Enciña da Lastra” en Rubiá-Ourense.

Programa

Sábado 15 (opción de incorporarse o venres tarde)

10:00- Recepción de participantes, apertura campamento e entrega de documentación.

12:00- Xeolocalización, tracking e revisión instalación de cavidades.

20:00- Charla coloquio.

Domingo 16

09:00- Xeolocalización, tracking e revisión instalación de cavidades.

15:00- Clausura de campamento

¿Ónde? O Refuxio de Cobas (FGE) será o punto de referencia das actividades deste campamento. Estrada N-120 Ourense-Ponferrada, pasado o pKm 317 xiro a dereita e baixada o pobo de Covas. Cruzar o pobo ata chegar o apeadeiro de Renfe.


Regulamento

1.Tódolos participantes deberán estar en posesión da Licenza Fed. 2011.

2.Os participantes virán equipados con material espeleolóxico, persoal e colectivo, en función das cavidades a visitar.

Incluir GPS na equipación motivado polo caracter deste campamento.

Manutención por conta propia.

3 .Os menores de idade terán que presentar autorización correspondente e acompañados de titor legal ou adulto responsable.

4.A organización non se responsabilizará de posibles accidentes.

5.Os imprevistos serán resoltos pola organización.

6. Para inscripción ou calquera consulta enviade un correo a [email protected] co “asunto” 44 Campamento Galego de Espeleoloxía.

7.INSCRIPCIÓNS: Data límite 13 de outubro de 2011

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón