Hosting por Logo dinahosting
8 Xaneiro, 2014

Xornada de prácticas invernais


Domingo, 19 de Xaneiro

Interesante actividade tanto para aqueles que queiran iniciarse na montaña invernal como para os que xa coñecen as técnicas ¡é un bo momento para prácticar a autodetención!
Achegarémonos ata o macizo de Trevinca dende Sanabria onde realizaremos unhas prácticas para adquirir os coñecementos necesarios para practicar con seguridade o montañismo invernal. Aprender as técnicas de progresión, familiarizándose co material habitual de alpinismo, e o uso de crampóns e piolet. Interesante levar cadeas no coche por se hai neve na estrada. Obrigatorio estar federados!!

Datos
DATA: Domingo, 19 de decembro
HORA: 09:00 da maña no refuxio da Agrupación Montañera Zamorana en San Martín de Castañeda, posibilidade de ir durmir o sábado pola noite(o percorrido aproximado é o seguinte http://goo.gl/cbp0t)
MATERIAL: Roupa e calzado de montaña(de caña alta), recomendable chaqueta e pantalón impermeable (tipo alpinismo ou esquí), piolet, crampóns, casco, (o que non teña pode collelos no clube) auga e comida para o día.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Acepto a política de protección de datos personais

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón