Hosting por Logo dinahosting
7 Setembro, 2021

XXI Concurso fotográfico Club Alpino Ourensán 2021

Nova convocatoria do concurso fotográfico do club, para montañeiros fotógrafos e fotógrafos montañeiros, no que podes presentar os teus traballos ou formar parte do xurado que elixirá os premios de entre todas as fotos presentadas.

Con este concurso pretendemos que os socios se animen a levar a cámara as súas actividades, e a buscar pacientemente o momento perfecto de luz, despois dunha longa xornada de actividade, ou na beiravía da estrada parados por un fotoxénico luscofusco.

Bases XXI Concurso Fotográfico Club Alpino Ourensán 2021

Como resumo das bases do concurso:

  • Para participar é preciso ser socio do club.
  • As obras, tres como máximo, presentaranse a concurso únicamente como arquivos dixitais en formato JPEG de alta calidade (pouco comprimido), cun tamaño mínimo de 1500 px no seu lado maior, una resolución mínima de 300 dpi (puntos por polgada) e un peso máximo de 8 mb.
  • Para participar, enviaranse as obras a [email protected] indicando título das obras, nome e apelidos do autor, número de teléfono e correo-e
  • O prazo de recepción de fotografías comeza ás 00:00 do 7 de setembro de 2021 e remata ás 23:59 o 15 de outubro de 2021.

Ademais, se queres formar parte do xurado, escríbenos a [email protected]

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón