Barranquismo Rio Mao
No cañón do río Mao principiou a historia do Barranquismo en Galicia. Hai mais de dez anos que deportistas do noso Clube remontaron e descenderon iste fermoso río. Durante moito tempo foi o único. Hoxe en Galicia temos case vinte cursos de auga onde practicar iste deporte, e o número esta a medrar.
O río Mao nace da confluencia de varios regatos que baixan da Serra de San Mamede (Ourense) e desauga no Sil, perto da vila de Bouzas. Por todala Ribeira Sacra hai regatos que rematan no Río Sil, pero a maioría son estacionais e no verán é imposible descendelos.
Como Chegar
Inicio do descenso
Collemos a C-536 en dirección Pobla de Trives. En Castiñeira de Seoane xiramos a esquerda, á Forcas, e pasamos pola central de Leboreiro. A 8 km., xusto antes dunha vila, unha pequena cerca a carón da estrada, da acceso a un prado. Pasamos baixo o canal do encoro e bordeamos pola esquerda o prado ate atopar un sendeiro entre a maleza, que descende ó río.
Fin do descenso
Na estrada que bordea o Sil, entre Parada do Sil e A Teixeira, atopamos Bouzas e pouco despois xunto unha vella central abandoada reconvertida en Albergue (A casa da Luz), unha ponte que sinala a fin do descenso. Xusto o final da ponte un sendeiro pouco marcado leva ate o río.
Horarios, material e técnica
O descenso faise entre 3 e 5 horas.
Só hai unha dificultade onde é imprescindible a corda. A que denominamos na topo como rampa 10, o resto sálvase entre saltos e escapes.
Material obrigatorio
Corda de 30 mts
Material de instalación
Neopreno.
Breve descripción
Cañón enteiramente escavado en granito. Atopamos ate 11 dificultades entre rapeles, saltos e zonas inundadas ode teremos que nadar.
ATENCIÓN: O rio ten varios embalses antes da zona que se descende. Estes non teñen horas planificadas de descarga, polo que pode sorprendernos unha facendo o descenso, ainda que no verán non soen ser moi frecuentes. Pódese preguntar na Casa da Luz