Travesía montañeira, Bosques e cumios da Serra de San Mamede (1.618m altitude), organizada pola sección de veteranos do club.…
Travesía montañeira, Bosques e cumios da Serra de San Mamede (1.618m altitude), organizada pola sección de veteranos do club.
Inscripción
Data límite para a inscripción:
- Martes 20 de novembro mediante o correo [email protected]
- Mércores 21 de novembro no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.
Información
Fontedoso – Serra de San Mamede
- horario7h’
- desnivel de subida700m
- desnivel de baixada700m
- distancia horizontal18 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario3
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario3
Inicio da actividade na aldea de Fontedoso (concello de Montederramo), onde nos atoparemos co GR-56 Transourensán. Iremos camiño do interesante bosque do Meixón, que cruzaremos limitando co bidueiral para seguidamente abandoando o GR-56 ascender directos o cummio da Serra de San Mamede por un cortalumes con acentuado desnivel levando á nosa beira a excelente Devesa de Teixedo.
Regresaremos a Fontedoso baixando polo Penedo Neegro e o Penedo da Lebre conectando co Campo do Casar.