Unha actividade pola zona de manzaneda en raquetas ou esquí de montaña, pero na que iremos xuntos.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 06 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Unha actividade organizada pola sección de veteranos pola zona de Trevinca (Parque natural de Sanabria) en raquetas ou esquí de montaña, pero na que iremos xuntos.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Ás 08:30 nas escaleiras do edificio politécnico do campus. Ver detalle.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga. Material de esquí de travesía ou raquetas en función de cada un. Piolet e crampóns.
Información
Segundo a climatoloxía e neve hai dúas opcións. Sair da Lagoa dos Peces cara La Plana e o Pico Vidulante (2053m) volvendo pola lagoa das Yeguas. Outra opción será dirixirnos cara o alto do Peñón para dirixirnos ao vizcodillo (2127m) volvendo á lagoa dos Peces. Serán uns 16 – 18 quilómetros e uns 400-600 metros de desnivel positivo en función do percorrido que finalmente se decida.