Raquetada coa sección de veteranos para ascender o Vizcodillo…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 05 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Actividade aprazada por falta de neve
Actividade programada pola sección de veteranos do Club Alpino para ascender o Vizcodillo (2127 m.) no macizo de Trevinca con raquetas.
Descripción xeral:
Raquetada no macizo de Trevinca-Serra da Cabrera coa ascensión o Vizcodillo (2121m) dende o Alto do Peñon
Información útil
Comezo
Sábado 8: Alto do Peñón
Transporte:
O día 8 ás 09:00h no Politécnico do campus nas Lagoas.
Organizaremos o transporte en coches particulares no lugar de quedada. (Indicar
na folla de inscrición se dispón de coche, e número de prazas que pode compartir).
Material:
Os participantes deben contar con raquetas de neve (o clube ten un número limitado deste material que podedes solicitar, serán reservados por rigorosa orde de inscrición).
Material xeral recomendado: botas semirríxidas,roupa de abrigo e impermeable para condicións invernais, luvas, protección solar, lentes de sol,mochila de 20-30L, cantimplora ou bolsa tipo camel, comida de ataque para pasar o día,frontal, polainas e raqueta