Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

A toda Costa 17-18 setembro 2022 :Ribeira-Abanqueiro

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 17 Setembro
Finaliza: 18 Setembro
Categoría:

A toda Costa 17-18 setembro 2022 :Ribeira-Abanqueiro Seguimos percorrendo a costa galega. Este ano Ría de Arousa Norte: Ribeira, Pobra, Escarabote, Cabo de Cruz, Abanqueiro. Nun principio falando con Paco o outro organizador pensábamos refugar esta zona por considerala demasiado urbana pero no roteiro de recoñecemento descubrimos sitios que merecen moito a pena. Serían dúas…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 14 de Setembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

A toda Costa 17-18 setembro 2022 :Ribeira-Abanqueiro

Seguimos percorrendo a costa galega. Este ano Ría de Arousa Norte: Ribeira, Pobra, Escarabote, Cabo de Cruz, Abanqueiro. Nun principio falando con Paco o outro organizador pensábamos refugar esta zona por considerala demasiado urbana pero no roteiro de recoñecemento descubrimos sitios que merecen moito a pena.

Serían dúas etapas duns 21km cada unha e un desnivel total de 241m

Comezo (lugar, hora…): Praia Coroso (Ribeira)// Hora: 10,30
Transporte: Coches Particulares (intentando compartir para no contaminar)
Material recomendado:Roupa e calzado adecuado para un roteiro de sendeirismo sen ningunha dificultade técnica e escaso desnivel. Comida e auga para pasalo día
Pernocta:Vivac (Escarabote:máis ou menos a metade de roteiro).

Ao finalizar a actividade do sábado volveremos a por os coches polo que non é obrigatorio cargar co material.
Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinadores : Paco/Marga

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón