Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Actividade Ubiña (11-12 febreiro)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 11 Febreiro
Finaliza: 12 Febreiro
Categoría:

Actividade Ubiña (11-12 febreiro) Retomamos a actividade de Ubiña aprazada en xaneiro Faranse dúas ascensións clásicas, onde hai que ter certa autosuficiencia no manexo de cordas, montaxe de reunións e progresión en corredores. Será necesario que vos anotedes por parellas (cordadas , indicñadeo nas observacións) pois trastarase de facer a ascensión manexando cordas e montando reunións. Se…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 08 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Actividade Ubiña (11-12 febreiro)

Retomamos a actividade de Ubiña aprazada en xaneiro

Faranse dúas ascensións clásicas, onde hai que ter certa autosuficiencia no manexo de cordas, montaxe de reunións e progresión en corredores. Será necesario que vos anotedes por parellas (cordadas , indicñadeo nas observacións) pois trastarase de facer a ascensión manexando cordas e montando reunións. Se alguén está interesado e non ten cordada, comunicádeo para xestionar posibles emparellamentos.

Información útil
Comezo (lugar, hora…):
Sábado 21: Torrebarrio 7:00h
Domingo 22: Torrebarrio 7:00h
Material:
Os participantes deben contar co material básico de progresión en
corredores: piolets (2), crampóns, casco, arnés, asegurador/descensor (tipo Reverso ou ATC), cordinos e cintas, mosquetóns de seguro, cabo de ancoraxe, material de progresión (friends, tornillos xeo, clavos), 2 cordas dobles/xemelgas ou 1 de triple homologación. O clube ten un número limitado deste material que podedes solicitar.

(Todo o material técnico deberá estar homologado e en bo uso).

Pernocta: corre por conta de cada quen

Requisitos para participar:
É necesario ter coñecementos previos, recomendable ter feito algún “coñece a escalada”, “coñece a escalada clásica” e “coñece a montaña invernal” e por tanto saber asegurar, encordarse ou rapelar, montar reunións, emplazar o material de progresión, saber autodeterse con piolet e crampóns.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas 10 persoas

(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Información técnica
Actividade de montaña
DIA 1
Descripción da actividade a realizar

Ascensión a Peña Ubiña Norte Clásica (III/2), 50-55º, 350m. Aproximación: Torrebarrio-
Chandanai– Ronzón- Terreros– Senda Merina- Base do corredor Norte clásica (aprox 3h).
Actividade: 4 horas de ascenso e 2h de descenso a Torrebarrio polo canalón suroeste.
Farase o ascenso deste clásico corredor facendo cordadas de dous ou de tres persoas,
necesitando levar un xogo de piolets por escalador (un deles debe ser maza), e por
cordada (a maiores do material propio de cada un): xogo de friends ata o número 3, 1/2
xogo de entaladores, 2-3 tornillos, 2-3 clavos, 6-7 cintas de progresión, unha estaca ou
unha ancla de neve (según condicións).

DIA 2
Descripción da actividade a realizar

Ascensión ó Siete pola Normal do Siete (55º), 400m, na cara Oeste

. Aproximación:Torrebarrio- Llanos Fontán – Base da canal (aprox 2h).¡

Actividade: 4 horas de ascenso e 2h de descenso a Torrebarrio pola mesma ruta de ascenso ou, dependendo do horario,pola forcada de Puerta de Arco. Farase o ascenso deste clásico corredor facendo cordadas de dous ou de tres persoas, necesitando levar un xogo de piolets por escalador (un deles debe ser maza), e por cordada (a maiores do material propio de cada un): xogo de friends ata o número 2, 1/2 xogo de entaladores, 2-3 tornillos, 2-3 clavos, 6-7 cintas de progresión, unha estaca ou unha ancla de neve (según condicións).

PenaUbina

Info: http://www.elmaquis.net/escaladas/webesinvernales/ubina-norte.htm

Coordinador: Manuel Veiga Contacto: [email protected] Sección:Montaña/Escalada.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón