Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Multiactividade no Courel 25-26 febreiro (sendeirismo adultos/infantís)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 25 Febreiro
Finaliza: 26 Febreiro
Categorías: ,

Multiactividade no Courel 25-26 febreiro (sendeirismo adultos/infantís) Actividade de sendeirismo de adultos e infantís. Faremos dous grupos e xuntarémos todos o remate no albergue de Folgoso do Courel Indicar nas observacións do formulario se precisades pernocta e se ides un ou os dos días É necesario que vos anotedes no formulario todos os participantes, adultos…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Luns 20 de Febreiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Multiactividade no Courel 25-26 febreiro (sendeirismo adultos/infantís)

Actividade de sendeirismo de adultos e infantís.

Faremos dous grupos e xuntarémos todos o remate no albergue de Folgoso do Courel

Indicar nas observacións do formulario se precisades pernocta e se ides un ou os dos días

É necesario que vos anotedes no formulario todos os participantes, adultos e nenos

Información útil
Comezo (lugar, hora…): Folgoso do Caurel xunto o albergue municipal10 00h do dia 25
https://www.google.com/maps/dir/42.3500834,-7.8612874/albergue+municipal+de+folgoso+do+courel/@42.4589173,-7.8096527,10z/data=!3m1!4b1!4m9!4m8!1m1!4e1!1m5!1m1!1s0xd3066c36aa9e8a1:0xb7810ffa12b55364!2m2!1d-7.1964579!2d42.5879582

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Pernocta:
Folgoso do Courel, Albergue Municipal 15€ por noite, Roupa de cama e toallas incluídas. Ten todo para cociñar.https://www.facebook.com/people/Albergue-tur%C3%ADstico-Folgoso-do-Courel/100057424240796/?sk=photos

Requisitos para participar: Afeito camiñar.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.(salvo as pernoctas 15€ persoa/día)

Ruta sábado 25 adultos: PR-G 220 Ruta de Baldomir ao Castro da Torre

http://folgosodocourel.com/turismo/rutas/ruta-da-fervenza-do-rexio-por-sobredo-ao-castro-da-torre

Ruta domingo 26 adultos: Ruta PR-G 223 Castro de Vilar

http://folgosodocourel.com/turismo/rutas/ruta-pr-g-223-castro-de-vilar

Coordinador: Carlos

Infantís

Ruta sábado 25 infantís:
Propoñemos unha actividade para tódolos públicos, pensando tamén nas crianzas socias en aras de que coñezan e disfruten as montañas do Courel.

Sairemos ás 10h do albergue do concello de Folgoso do Courel cara a aldea de Moreda en coches particulares, se alguen non pernocta no albergue pode esperar xa no comezo da ruta na aldea de Moreda (coincide co punto onde inicia o famoso roteiro da devesa da Rogueira).

Alí faremos o PR-G 221 Ruta do monte Cido, o cal,  durante 7’85km permitiranos disfrutar dunhas magníficas vistas da devesa da Rogueira e pasar polas aldeas de Esperante, o Carbedo e Linariños, a través  de soutos e sendo posible ver as ruinas do castelo de Carbedo.
Duración: 3 horas e media aproximadamente.
Teremos tempo para facela con tranquilidade e permitir que as crianzas descansen, exploren….
Ruta domingo 26 infantís:
O domingo 26, teremos oportunidade de ver o pregamento xeolóxico de Campodola facendo o roteiro PR-G 192.
Tamén nesta ocasión sairemos ás 10h do albergue de Folgoso cara a aldea de Leixazos (dirección Quiroga), onde tras disfrutar da arquitectura tradicional da aldea cunha capela pintoresca, cruzaremos o río Ferreiriño para a través de soutos e árbores de ribeira, dirixirnos ata Campos de Vila. Este roteiro é lineal, co cal podemos coordinar coches para deixalos en destino ou facer ida e volta.

Coordinadora: Sandra

(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón