Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Semana Branca – Cerler 5-11 febreiro 2023

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 5 Febreiro
Finaliza: 11 Febreiro
Categoría:

Entre o 5 e o 11 de febreiro de 2022 propoñemos unha semana de esquí na Estación de esquí de Cerler (Pirineo Aragonés).…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Sábado 10 de Decembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Semana Branca – Cerler 5-11 febreiro 2023

Entre o 5 e o 11 de febreiro de 2023 propoñemos unha semana de esquí na Estación de esquí de Cerler (Pirineo Aragonés).

DATAS

Aloxamento 6 noites dende o domingo 5 ao sábado 11 de febreiro. Forfait 5 días entre o luns 6 e o venres 10.

ALOXAMENTO

Pernoctas en Bungalows, pero sen réxime de media pensión. Contan con cociña e dous dormitorios, un con cama de matrimonio e outro con dúas camas de 90.

PREZO

Aloxamento 6 noites + forfait 5 días

  • Aloxamento + forfait: Aproximadamente uns 390€ (variará en función dos participantes)
    • Aloxamento uns 170 eur
    • Forfait 217
  • Aloxamento sen forfait: Aproximadamente uns 170€ (variará en función dos participantes)
  • Aluguer 5 días: + 90 €
  • Clases, todos os niveis (tres horas diarias e cinco días): + 122 €
  • Asistencia sanitaria 5 días: + 14 € (VER CONDICIÓNS)

O aluguer inclue esquís, botas e bastóns, posiblidade tamén de alugar casco.

Ás prazas son limitadas.

Inscripcións ata o 10 de decembro. Ao inscribirse será preciso facer un ingreso de 100 € para realizar a reserva que serán descontados posteriormente.

Conta bancaria do club: ES06 0019 0448 4840 1002 8285 (Deutsche Bank)

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón