Fin de semana deportivo e de lecer no Concello de Carnota!
Para o sábado día 8 de xuño propoñemos unha bicicletada pola zona de Carnota. Aquelas que prefirades desfrutar da zona a pé en troques do pedal, tedes a ruta de subida ao Pindo perfectamente marcada.
Para as amantes do kayak, dende o albergue ofertan a posibilidade de facer unha ruta guiada en kayak polo Ézaro (precio noite+kayak= 24€)…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 05 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Información útil
Comezo(lugar, hora…): No albergue de Lira ás 11h – sábado 8 de xuño
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Bicicleta. Para alugar bicis en Carnota: http://www.bikarnota.com/
Pernocta: A noite do sábado ao domingo no albergue Portoventosa en Lira – https://www.paxinasgalegas.es/a-chalana-de-rucho-576679em.html
durmida 12€ (sen almorzo) / liteiras con sabas e toallas
Información técnica
A actividade proposta terá unha distancia duns 33 quilómetros con 500 metros de desnivel positivo e outros tantos negativos.
Nesta ligazón pode verse o percorrido https://es.wikiloc.com/rutas-mountain-bike/ruta-carnota-2012-04-05-2702699