Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a escalada infantil

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 11 Maio
Categoría:

Proposta de actividade para os mais cativos co obxetivo de coñecer e desfrutar da escalada. Pasaremos a mañá e parte da tarde na escola de escalada do galiñeiro para iniciarse na escalada.…


Inscripción

As prazas para participar na actividade son limitadas cubríndose por riguroso orde de inscripción e/ou confirmación.

Data límite para a inscripción:

  • Mércores 8 de Maio mediante formulario web

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Realizar inscripción online

Proposta de actividade para os mais cativos co obxetivo de coñecer e desfrutar da escalada. Pasaremos a mañá e parte da tarde na escola de escalada do Galiñeiro para iniciarse na escalada.

Esta é unha actividade aberta a persoas socias como non socias do Club Alpino Ourensan. Plazas limitadas.

Os cativos deberán ir acompañados dun adulto durante toda a actividade.

Material recomendado: Casco, arnés, pes de gato (o que teña), corda simple, cintas expres, aparato asegurador. O club pode prestar material aos que non dispoñan del.

Para participar nesta actividade será imprescindible estar federado ou facer un seguro diario (6€, tramítase dende o club.)

A hora e punto de quedada será comunicada aos participantes.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón