Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño (aprazada)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 4 Xuño
Categoría:

Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño Nas nosas saídas de espeleoloxía regularmente temos que usar equipos de vertical para superar as dificultades como pozos e salvar outras, sempre co grado máximo de seguridade, e por iso que despois do anterior Coñece a Espeleloxía, propoñemos aos interesado@s esta actividade chea de recursos…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 01 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Coñece a espeleoloxía vertical : Canón do Sil 4 Xuño


Nas nosas saídas de espeleoloxía regularmente temos que usar equipos de vertical para superar as dificultades como pozos e salvar outras, sempre co grado máximo de seguridade, e por iso que despois do anterior Coñece a Espeleloxía, propoñemos aos interesado@s esta actividade chea de recursos a utilzar e técnicas para superar o anteriormente descrito.
Aprenderemos a descender e ascender por corda fixa nun lugar de especial interese para o clube como é o Cañón do Sil, concretamente en zonas de escalada, alí pasaremos esta xornada que esperemos sexa do agrado d@s participantes.
Lugar: zona escalada do camachuelo e traslado dende ali a outros sectores
Materiais: roupa comoda, comida, auga, crema solar, casco si se tuvese.
Transporte: en coches particulares.
Hora de comenzo:10 horas
Hora de remate: 20 horas
Número Máximo de participantes 8 persoas, minimo 4 persoas para poder realizar a actividade.
Data limite para anotarse mercores día 1 de xuño.

Coordinador : Alberto Vila

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:A actividade é gratuíta.

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón