Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Coñece Mondoñedo 4-5 novembro

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 4 Novembro
Finaliza: 5 Novembro
Categoría:

4-5 de Novembro: Actividade Coñece a Espeleo na Mariña Lucense Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía, visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo. Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel soci@ maior de 8 anos que teña interese en…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 01 de Novembro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

  • 4-5 de Novembro: Actividade Coñece a Espeleo na Mariña Lucense

Coñece a espeleo, trátase dunha actividade de toma de contacto coa Espeleoloxía,
visitando de paso a cova de maior desarrollo da comunidade, a cova do Rei Cintolo.
Este Coñece a Espeleoloxía está aberto a todo aquel soci@ maior de 8 anos que teña interese en coñecer o mundo subterráneo e o potencial espeleolóxico de Galicia.(os menores deberán ir acompañados dun adulto)

Debido a que é preciso solicitar un permiso e imprescindible indicar nome, DNI, e tipo de licenza

Inscripción ata o 1 de novembro, mediante formulario web.

Información útil​
Comezo (lugar, hora…):​4 de novembro, ás 10:00 no refuxio de Mondoñedo​

Transporte:​
En vehículos particulares ata Mondoñedo (refuxio federativo):​

https://www.google.es/maps/place/Refugio+Federaci%C3%B3n+galega +Espeleolox%C3%ADa/@43.4056616,-7.3533195,3a,75y,290.84h,90t/d ata=!3m7!1e1!3m5!1sjiBcwuKNN01n_YJU_jSutQ!2e0!6s%2F%2Fgeo1. ggpht.com%2Fcbk%3Fpanoid%3DjiBcwuKNN01n_YJU_jSutQ%26outp ut%3Dthumbnail%26cb_client%3Dsearch.gws-prod.gps%26thumb%3D 2%26w%3D86%26h%3D86%26yaw%3D290.8374%26pitch%3D0%26t humbfov%3D100!7i13312!8i6656!4m8!1m2!2m1!1srefugio+mondo%C3 %B1edo!3m4!1s0x0:0xdabfd0b8d2233256!8m2!3d43.4056362!4d-7.353 4167?hl=es

Material recomendado:​
Cada participante virá provisto de todo o material necesario para durmir (esterilla, saco de durmir) así como roupa cómoda (tamén de recambio), chanclas, neceser, etc. Tamén se recomenda roupa de abrigo para estar no refuxio.
Material de progresión:​
Mono exterior ou funda de taballo, mono interior (ou mallas/camiseta térmica), botas (de goma ou tipo montaña), así como luvas. Casco con iluminación eléctrica en funcionamento, pilas-baterías de recambio para a mesma.​
Pernocta:​
Poderase dormir no refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) en Mondoñedo, ou en cualquera establecimiento da zona (organización por conta do
participante neste último caso).​
Requisitos para participar:​
Ser maior de  8 anos, ter licencia en vigor que cubra a actividad de espeleoloxía, estar en boa condición física, ser socio do Club AlpinoOurensán, ​
Prezo:​
Os federados pola FGE teñen a pernocta gratuita. No caso dos federados pola Federación Galega de Montañismo, a pernocta no refuxio ten un coste de 6€, que deberán entregar ao organizador da actividade ao chegar ao refuxio.

Descripción da actividade a realizar:​sábado: Exploración da cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo. Esta cavidade, a máis grande de Galicia, ofrece múltiples posibilidades de actividade. Inicialmente faremos o percorrido turístico, circular, duns 200 metros de desarrollo e unha hora de duración aproximadamente. Posteriormente, baixaremos ata o nivel do curso activo de auga que transcorre pola cavidade, e volveremos á saída polo mesmo recorrido. 

Domingo: poderase ir a outras covas do lugar próximas.

.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón