Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Covas de Valporquero 15-16 xullo (cancelada por falta de participantes)

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 15 Xullo
Finaliza: 16 Xullo
Categoría:

Espeleoloxía en Valporquero 15-16 de Julio…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 13 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Descripción

Espeleoloxía en Valporquero 15-16 de xullo

Na zoa existen diversas cavidades que se poden visitar con diferentes niveis de dificultade, así como numerosas zoas de escalada e sendeiros naturais. Para a travesía de Valoporquero requírese un alto nivel e autonomía    en progresión en cavidades e baixada de barrancos.

Data límite para a inscripción

12 de xullo 21:00h

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Valporquero de Torí, sábado 15 ás 12  mediodía.
  • Transporte: Transportes particulares.
  • Material recomendado:
    • Equipo de espeleoloxía persoal completo. Neopreno opcional para a travesía de Valporquero.
  • Pernocta: Existen varias posibilidades para pasar a noite nas inmediacións (por exemplo, acampar en Vegacervera)

Requisitos para participar:

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

  • Gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón