Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Cortegada 30 xullo (Cancelada por indisposición organizadores)

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 30 Xullo
Categoría:

SENDEIRISMO EN CORTEGADA “O RÍO QUE NOS CHAMA” Despois das dúas etapas realizadas na Ribeira Sacra, o Miño segue a nos chamar, nesta ocasión para facer un roteiro circular polo Concello de Cortegada. Vila de baños mineromedicináis xa dende a época romana á que nos achegaremos para disfrutar das súas paisaxes naturais e tamén das súas aldeas,…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 26 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

SENDEIRISMO EN CORTEGADA
“O RÍO QUE NOS CHAMA”
Despois das dúas etapas realizadas na Ribeira Sacra, o Miño segue a nos chamar, nesta ocasión para facer un roteiro circular polo Concello de Cortegada.
Vila de baños mineromedicináis xa dende a época romana á que nos achegaremos para disfrutar das súas paisaxes naturais e tamén das súas aldeas, unhas aínda habitadas e outras esquecidas da man do home dende fai varias décadas, como A Barca (antigo lugar de paso do río para persoas e mercadorías) ou O Vao.
Carballeiras, regatos e ríos, o Miño que nos chama…pero tamén o Deva Grande e un pouco de arquitetura relixiosa, como San Bieito de Rabiño ou San Breixo de Refoxos, có seu “Verísimo” Priorato.

Combinando a PR-G175 con partes do Camiño Miñoto Ribeiro e do Caminho da Geira e dos Arrieiros, sáenos un percorrido mediamente asequible, con preto de 22 km de distancia e un desnivel acumulado aproximado de 700 m, que podemos clasificar con un MIDE de 2234.
MEDIO: 2 Máis de un factor de risco, especial atención ás posibles elevadas temperaturas do verán.
ITINERARIO: 2 Existe traza e sinalización, anque escasa en algún punto e discontinua por combinar diferentes rutas, non teremos problemas por acudir con quen xa realizou a rota.
DESPRAZAMENTO: 3 Teremos camiños de diferente firme e algunha senda escalonada, sen excesiva dificultade.
ESFORZO: 4 Calificámola así por estimar que superarémo-las 6 horas de duración.

Data límite para a inscripción

26 de xullo 21:00h

Comezo :domingo 30 

Edificio Politécnico, no campus Universitario. Ás 9:00 h.

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

 

Coordinadores: Carmela e Quique

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón