Proposta de multiactividade no refuxio de manzaneda, cunha ruta de sendeirismo o sábado e outra actividade para os mais cativos o domingo. Poderase participar só nunha actividade ou nas dúas así como quedarse a durmir no refuxio. Información útil Comezo(lugar, hora…): Ás 10:00 h o sábado e ás 10:30 horas o domingo no refuxio…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 10 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Proposta de multiactividade no refuxio de manzaneda, cunha ruta de sendeirismo o sábado e outra actividade para os mais cativos o domingo. Poderase participar só nunha actividade ou nas dúas así como quedarse a durmir no refuxio.
Información útil
Comezo(lugar, hora…): Ás 10:00 h o sábado e ás 10:30 horas o domingo no refuxio Pena do Caldeiro https://www.clubalpinoourensan.es/sobre/refuxio/
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga. Para os que durmen no refuxio saco de durmir, esterilla e ceas e almorzos.
Pernocta: No refuxio Pena do Caldeiro. Poderase durmir xa a noite do venres. https://www.clubalpinoourensan.es/sobre/refuxio/
Actividade do sábado
Ruta dos vales glaciares de Manzaneda
- horario6h 40′
- desnivel de subida817 m
- desnivel de baixada817 m
- distancia horizontal20 km
- tipo de percorridoCircular
- severidade do medio natural1
- orientacion no itinerario3
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario4
A hora de quedada para esta actividade será o sábado ás 10:00 horas no refuxio.
Ruta de sendeirismo que percorre os vales de Aguilladas e Prada pasando pola Lagoa Grande. Saindo do refuxio pasando por Cabeza Grande de Manzaneda, chegaremos ata o val glaciar de Prada, coa a súa aldea pantasma e as súas formas características do modelado glaciar. Despóis de Prada unha senda leváranos cara o val das Aguilladas e a lagoa grande e unha vez que saiamos del, voltaremos cara ó refuxio polos piñeirais.
Mais info en https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/travesia-dos-glaciares-de-manzaneda-32614270
Actividade do domingo
É imprescindible que os menores acudan acompañados dun adulto durante toda a actividadeOs menores (e adultos) deberán de estar federados. Lembrade que pódese tramitar un seguro diario.