Proposta de actividade conxunta montaña e sendeirismo pola zona de Alsasua e Zegama para esta Semana Santa 2019 Realizaranse actividades paralelas para sendeirismo e montaña. Os cumios serán os mesmos sendo itinerarios de distinta dificultade. A chegada será o mercores a última hora ao camping e realizar actividades o xoves, venres, sabado e domingo. Mais…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 03 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Proposta de actividade conxunta montaña e sendeirismo pola zona de Alsasua e Zegama para esta Semana Santa 2019
Realizaranse actividades paralelas para sendeirismo e montaña. Os cumios serán os mesmos sendo itinerarios de distinta dificultade.
A chegada será o mercores a última hora ao camping e realizar actividades o xoves, venres, sabado e domingo. Mais abaixo publicamos a información de tres de elas. O domingo poderá realizarse o Monte Egino, unha actividade curta para voltar a Ourense ou realizar turismo pola zona.
Información útil
Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, material de pernocta. Casco e arnés o grupo de montaña.
Pernocta: No camping Urbasa , situado en OLAZTI , Navarra. https://www.campingurbasa.com/ O club reservará parcelas para tendas de campaña/furgonetas/autocaravanas. As opcións de bungalow/modulos vivenda deberán reservalo cada participante.
ACTIVIDADES
Aizcorri
Actividade de montaña
Cresterío Aloña – Aizkorri
Actividade na que se subirán todas as cimas principais e secundarias deste cresterío.Non presenta maiores dificultades que a lonxitude e algún paso de agarrarse.
Actividade de Sendeirismo
Realizarase unha actividade similar á de montaña pero por unha senda que discorre baixo o cordal saindo dende o porto de Otzaurte. Non presenta dificultades técnicas.
Txindoki
Actividade de montaña
Proposta realizara Cresta do Txindoki con dificultades de IV. Información da cresta en http://eskalatzencas.blogspot.com/2014/09/arista-de-txindoki-4c-105-m-4b-obligado.html
Actividade de Sendeirismo
Ascensión ao Txindoki dende Larraitz. Mais información en http://www.rutasporgipuzkoa.com/ruta-70/monte-txindoki-larrunarri-subida-desde-larraitz
Beriain
Actividade de montaña
A proposta e ascender o Beriain, tamén chamado San Donato pola Brecha. Presenta dificultades de II. Información en https://travesiapirenaica.com/san-donato-por-la-brecha/
Actividade de Sendeirismo
Ascensión ao mesmo cumio pero pola súa vía normal, pola que tamén descenderán os do grupo de montaña.Información http://www.senderioja.es/navarra/128-unanu-beriain