Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

GR 56 Transourensán 2ª etapa: 24 outubro Virxe do Monte-Parada do Sil

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 24 Outubro
Categoría:

GR 56 Transourensán 2ª etapa: 24 outubro 2º tramo do Transourensán: dende a Virxe do Monte onde quedamos na outra etapa, ata Parada do Sil, atravesando as fermosas paisaxes do cañón do Sil en pleno outono. Serán 25 km aprox. E calculamos unas 7 horas +/– Ruta de sendeirismo dende a Virxe do Monte seguindo…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 21 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

GR 56 Transourensán 2ª etapa: 24 outubro

2º tramo do Transourensán: dende a Virxe do Monte onde quedamos na outra etapa, ata Parada do Sil, atravesando as fermosas paisaxes do cañón do Sil en pleno outono.

Serán 25 km aprox. E calculamos unas 7 horas +/–

Ruta de sendeirismo dende a Virxe do Monte seguindo o Transourensán. E finalizando no pobo de Parada do Sil.

https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/gr-56-transourensan-23837998

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Comezo :

Edificio Politécnico, no campus Universitario. Ás 9:00 h.

Transporte:Iremos en coche ata a Virxe do Monte. E despois voltamos á Virxe do Monte en microbús dende Parada

Prezo: 15 euros para pagar o autubús

Prazas limitadas o aforo do autobús

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Adxuntar na inscrición cuberto e firmado o seguinte formulario COVID:

FORMULARIO_____DECLARACIÓN_RESPONSABLE_FGM_ORGANIZACIÓN-DEPORTISTAS (1)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón