Terceira edición do maratón de escalada do Canón do Sil. AMPLIADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 6 DE SETEMBRO O III Maratón de Escalada do Canon do Sil, trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten…
Terceira edición do maratón de escalada do Canón do Sil.
AMPLIADO O PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O 6 DE SETEMBRO
O III Maratón de Escalada do Canon do Sil, trátase de escalar por cordadas o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en fucion da súa dificultade, lonxitude, etc. Gañará a cordada que consiga o maior número de puntos.
Para participar na proba é necesario realizar unha inscrición por equipos a través do Club Alpino Ourensán xa sexa nas súas oficinas ou mediante a súa páxina web: http://web.clubalpinoourensan.es/maraton/ e sempre antes do día 30 de agosto ás 23:59.
A inscrición formalizarase no momento do pagamento da cota, que será de 20 € por cordada e que dará dereito a:
– Camiseta do evento.
– Un premio para o equipo gañador e o escalador que faga a vía de mais grado
– Sorteo de premios
– Pinchos ó rematar
Para participar nesta actividade non é preciso ser socio do club.
Toda a información en web.clubalpinoourensan.es/maraton