Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Magosto en Manzaneda

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 15 Novembro
Categoría:

AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O MERCORES 11/11/2015. O Magosto do Refu celebrarase o domingo 15 de novembro, e en qué mellor sitio que no noso refuxio de Manzaneda.   Nós encargámonos da carne e castañas e vós das bebidas, sobremesas e sobre todo, de montar a foliada.   O prezo do Magosto serán 5…


cartel magosto

AMPLIACIÓN PRAZO DE INSCRIPCIÓN ATA O MERCORES 11/11/2015.

O Magosto do Refu celebrarase o domingo 15 de novembro, e en qué mellor sitio que no noso refuxio de Manzaneda.

 

Nós encargámonos da carne e castañas e vós das bebidas, sobremesas e sobre todo, de montar a foliada.

 

O prezo do Magosto serán 5 € (para pagar os gastos da comida, e se sobra quedará para cubrir os gastos das reformas do refu).

 

Para facilitarnos as cousas estas de encargar a carne…anotádevos antes do luns 9 de novembro, mercores 11 de novembro.

 

O Magosto pretendía ser a festa de reapertura do refu xa que contabamos ter as reformas interiores rematadas para esta data. Maís non chegamos a tempo. Nos quedamos a poucos días de traballo para cumprir.

 

Sen embargo, despois do esforzo de moitos socios por facer isto realidade, reabrimos o refu so para este fin de semana en agradecemento a todos os que traballachedes tanto nel. As portas do refu abriranse novamente o sábado 14 de Novembro puidendo facer pernocta nel.

 

Aqui queda o noso agradecentemento:

 

Pd. Se tedes algunha grella na casa que podemos usar, por favor avisar.

 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón