Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Infantís : Ruta sendeirismo polo río Furnia -5 xuño

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 5 Xuño
Categoría:

Ruta sendeirismo polo río Furnia -5 xuño Día 5 de xuño, Sábado Ruta: Percorrido pola marxe do río Furnia e Miño Lugar: Tomiño Hora de saída: ás 11 de Currás (Tomiño). Especificarase localización detallada ás persoas participantes a través do grupo de que se forme para actividade. Percorreremos a marxe esquerda do Río Furnia. Visitaremos…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Xoves 01 de Xaneiro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Ruta sendeirismo polo río Furnia -5 xuño

Día 5 de xuño, Sábado
Ruta: Percorrido pola marxe do río Furnia e Miño
Lugar: Tomiño
Hora de saída: ás 11 de Currás (Tomiño).

Especificarase localización detallada ás persoas participantes a través do grupo de que se forme para actividade. Percorreremos a marxe esquerda do Río Furnia. Visitaremos os muiños, a aula aberta da natureza e xanteremos na área recreativa de Amorín, á beira do río Miño, onde desenvolveremos xogos ao aire libre. Se a metereoloxía acompaña, disporemos de embarcacións e material para un paseo polo río, que nos permitiría cruzar á beira portuguesa.

Material recomendado:
calzado lixeiro de montaña, roupa cómoda algo de abrigo e para a choiva (en función do tempo) ,gorrra, crema solar,  auga e comida para pasar o día.

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Haberá que facer unha inscrición por persoa, xa que deberedes aceptar o consentimento informado adaptado ao COVID-19.
*AVISO IMORTANTE:Pola situación actual na que nos atopamos, as actividades poderán ser modificadas ou canceladas dun día para outro.

O número de participantes poderá verse modificado por cambios na normativa Covid da zona onde se vaia a realizar a actividade, nese caso, respectarase en todo monento a orde de inscrición.
Agradecemos a vosa comprensión

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón