Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Integral da Montaña Palentina

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 24 Xuño
Finaliza: 26 Xuño
Categoría:

FUENTES CARRIONAS 24-25-26 de junio de 2016 APRAZADA POR FALTA DE QUORUM A integral de Fuentes Carrionas (Na montaña palentina) é unha ruta de 35 km que transita por todas as cumbres reseñables da montaña palentina e que se pode facer no día e que nos faremos en travesía durante os tres días. Comeza no…


FUENTES CARRIONAS
24-25-26 de junio de 2016

El Espigüete al fondo

APRAZADA POR FALTA DE QUORUM

A integral de Fuentes Carrionas (Na montaña palentina) é unha ruta de 35 km que transita por todas as cumbres reseñables da montaña palentina e que se pode facer no día e que nos faremos en travesía durante os tres días.

Comeza no refuxio de Mazobre (non gardado) dende o que partiremos o venres 24 (San Xoan) para ascender o Espigüete (2.450 m) pola sua arista este, continuar hacia o pico Murcia, agullas de Cardaño, Tres Provincias, Peña Prieta, Collado de Ves, Curavacas e regreso ao refuxio de Mazobre.

As zonas eventuales de vivaqueo serían no entorno das “Agullas de Cardaño” e nos “Pozos del Ves”.

Plan

Cómo chegar (aquí). Chegada o xoves 23 ao Refuxio de Mazobre, saida o día seguinte as 9.30h. Regreso a Ourense para cear o domingo.

Información técnica

Percorrido aproximado
– Lonxitude da ruta: 35 km aproximadamente
– Material necesario: Levar saco, esterilla, funda de vivac ou tenda. Como material de seguridade levar casco, crampons e piolet
Mide Montaña palentina

Información práctica

  • Comida: Levar comida dende o inicio para todos os días así como fornelo se desexas cociñas.
  • Durmir: O primeiro día no mencionado refuxio, despois de tenda ou vivac según cada quen desexe.
  • Auga: Hai auga nos lugares nos que vivaqueamos. Levar pastillas potabilizadoras.

Inscrición

Data límite o mércores 22. Apúntate en [email protected]

NOTA IMPORTANTE:

Valoraremos in situ la necesidad de llevar o no finalmente los crampones y piolet.

En caso de que las condiciones meteorológicas no lo permitan, cambiaremos la actividad a ascensiones diarias.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón