O magosto para este ano celebraráse no Refuxio de Manzaneda o sábado 18 de novembro e aproveitando que se están ultimando os ultimos detalles para a súa reapertura aproveitaremos para realizar unha xornada de limpeza no mesmo antes do magosto.…
- Data límite para anotarse
- Mércores 15 de novembro
- Lugar xeral
- Manzaneda
- Pernocta
- Refuxio
- Medios de transporte
- Medios propios (vehículo particular)
Apúntate en [email protected] ou no local do club.
O magosto para este ano celebraráse no Refuxio de Manzaneda o sábado 18 de novembro e aproveitando que se están ultimando os ultimos detalles para a súa reapertura aproveitaremos para realizar unha xornada de limpeza no mesmo antes do magosto.
Durante a mañá, entre todos os que se animen a botar unha man, realizarase unha limpeza a fondo no refu, chans, paredes, mesas… e despois de comer comezar co magosto.
XORNADA DE LIMPEZA
Comezaremos ás 10:00 h repartíndonos as estancias do refu para adicarnos a elas durante a mañá, dende o club levaranse productos de limpeza abondo para todo o refu, pero contamos con que se te animas a esta xornada acudas con algún caldeiro de limpeza, trapos vellos, instrmentos de limpeza…
MAGOSTO
O magosto propiamente dito comezará ás 20:00 horas tamén no refu. Do club correrán as castañas e chourizos para os participantes na xornada de limpeza e dos participantes do magosto a cea e bebida.
Ao rematar o magosto, o que o desexe poderáse quedar a durmir ou baixar a Ourense.
Lembra apuntarte para que poidamos xestionar a limpeza e calcular as castañas.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
Normas de participación nas actividades
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
DEBIDO A PREDICCIÓN METEOROLÓXICA ALGO REVOLTA E POR CONSENSO DOS PARTICIPANTES CANCELASE ESTA ACTIVIDADE. Para o magosto deste ano propoñemos achegarnos ata o noso veciño Portugal. PLAN Para o sábado pola mañá está prevista unha ruta pola zona do Gêres. O punto de quedada é o Parque de campismo de Entre ambos os-rios ás…
DEBIDO A PREDICCIÓN METEOROLÓXICA ALGO REVOLTA E POR CONSENSO DOS PARTICIPANTES CANCELASE ESTA ACTIVIDADE.
Para o magosto deste ano propoñemos achegarnos ata o noso veciño Portugal.
PLAN
Para o sábado pola mañá está prevista unha ruta pola zona do Gêres. O punto de quedada é o Parque de campismo de Entre ambos os-rios ás 10:00 hora española.
Toda a info da ruta plantexada podes vela http://es.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=911721
Para os que non desexen ir a ruta de sendeirismo, a partir das 18:00 (hora española) no mesmo camping realizaremos o magosto.
A idea do magosto é reunirse no camping para celebralo alí. No sitio hai barbacoas cubertas para realizar un churrasco, etc.
Para a cea o club tan so poñerá as castañas polo que a cea e a bebida é por conta dos asistentes.
Para o domingo poderase facer algunha ruta pola zona, pero sen que haxa nada previsto.
PARA DURMIR
Para durmir a noite do sábado ao domingo, reservaremos no Parque de campismo de Entre ambos os-rios. O club tan so reservará sitio para tendas de campaña, outras alternativas (bungalows, tipi…)correrán a cargo dos participantes.
Mais información do Parque de campismo de Entre ambos os-rios en http://lima-escape.pt/es
Data límite de inscripción: mércores 2 de novembro.
Apuntate e mais información en [email protected]