Actividade de espeleoloxía na Sima Aradelas que consitirá na exploración desta cavidade situada no Courel. APROXIMACIÓN A aproximación a boca da cavidade son uns 300 metros a traves dun cortalumes, con un desnivel aproximado de 60 metros. Aproximación horario0h 10′ desnivel de subida60 m desnivel de baixada0 m distancia horizontal0,3 Km tipo de percorridoTravesía severidade…
Actividade de espeleoloxía na Sima Aradelas que consitirá na exploración desta cavidade situada no Courel.
APROXIMACIÓN
A aproximación a boca da cavidade son uns 300 metros a traves dun cortalumes, con un desnivel aproximado de 60 metros.
Aproximación
- horario0h 10′
- desnivel de subida60 m
- desnivel de baixada0 m
- distancia horizontal0,3 Km
- tipo de percorridoTravesía
- severidade do medio natural2
- orientacion no itinerario3
- dificultade no desprazamento2
- cantidade de esforzo necesario1
ACTIVIDADE EN CAVIDADE
Esta actividade consistirá no descenso e exploración da Sima Aradelas (-128 m.)
Durante a actividade procederase tamén a revisar e acondicionar as instalacións de progresión dos tramos inferiores.
Dificultade da cavidade: Cavidade tipo 4-5, moi esixente a nivel físico e técnico.
Nesta ligazón hai información adicional e topografía da sima (páxina 10) http://www.espeleoloxia.org/web/wp-content/uploads/1987/12/Furada-01.pdf
OUTROS DATOS
Para durmir estase valorando o refuxio de Liñares ou de vivac, informarase a os participantes.
PRAZO DE INSCRIPCIÓN
O prazo de inscripción é ata o xoves ás 14:00 horas.
Nos días previos a realización da actividade, realizarase conxuntamente cos participantes a coordinación da mesma.
Apúntate en [email protected]
Notas:
As actividades da Sección de Espeleoloxía programadas no calendario oficial do Club están abertas á participación de todos os espeleólogos do Club que posúan a capacitación suficiente para desenvolvelas.
Salvo que se indique expresamente, non se trata de cursos, de actividades de iniciación ou actividades guiadas. Non haberá por tanto un monitor, ou responsable da actividade acompañando ou asistindo aos participantes.
Cada participante deberá estar en posesión da correspondente Licenza Federativa, así como ser autosuficiente para progresar de maneira autónoma en cavidade. Con aptitudes demostrables en T.P.V., manobras de seguridade, montaxe e desmonte de instalacións de progresión, así como manexo e interpretación de documentación topográfica. Isto inclúe tamén todo o referente ao equipamento individual de progresión e seguridade, así como vestimenta adecuada.
O coordinador, ou coordinadores, a actividade terán a facultade de non incorporar ao equipo de espeleólogos a aqueles inscritos con aptitude insuficiente ou dubidosa, ou carentes do equipamento individual de progresión ou vestimenta adecuada.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
Normas de participación nas actividades
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.