Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Marcha montañeira de Outono Serra do Courel

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 20 Novembro
Categoría:

O percorrido e sinxelo. Dende as inmediacións do Alto do Couto, internarémonos pola Devesa de Rogueira, auténtica xoia do Courel ata as Fontes do Cervo e dende alí ascensión ao Pico Formigueiros (1.643m), cumio mais alto da serra. SAIDA: Ás 8:30 horas dende as inmediacións do edificio politécnico do Campus (Escaleiras) ** O mércores día…


O percorrido e sinxelo. Dende as inmediacións do Alto do Couto, internarémonos pola Devesa de Rogueira, auténtica xoia do Courel ata as Fontes do Cervo e dende alí ascensión ao Pico Formigueiros (1.643m), cumio mais alto da serra.

SAIDA: Ás 8:30 horas dende as inmediacións do edificio politécnico do Campus (Escaleiras)
** O mércores día 16 no local do club ultimarase a organización e o transporte

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

 

Aproximación

  • horario5h
  • desnivel de subida500 m
  • desnivel de baixada500 m
  • distancia horizontal12 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario1

Condiciones de Tres Estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

 

Requisitos para participar: Excursión sinxela e curta sempre por carreiros, pistas ou veredas practicables.

Material obrigatorio: Botas e roupa axeitada, o material habitual para unha marcha sendeirista xa con rigores de inverno.

Apúntate en [email protected]

Data límite para anotarse: mércores 16

Lugar: Serra do Courel

Transporte: Medios propios (vehículo particular)

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón