Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Semana audiovisual

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 28 Novembro
Finaliza: 1 Decembro
Categoría:

Do 28 de novembro ao 1 de decembro temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual do Club Alpino Ourensán, xa van 19, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos…


Do 28 de novembro ao 1 de decembro temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual do Club Alpino Ourensán, xa van 19, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

O fío conductor deste ano é a exploración e a aventura, contando coa primeira expedición extraeuropea ourensá a África, e centrándonos, con outras tres ponencias, en América do Sur.

Aquí poderás ver o programa completo (ligazón)

 

Toda a información da Semana Audiovisual en web.clubalpinoourensan.es/semana-audiovisual/

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

Comeza: 21 Novembro
Finaliza: 25 Novembro

Do 21 ó 25 de novembro temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van 18, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus…


Do 21 ó 25 de novembro temos outro ano mais unha cita coa nova edición da Semana audiovisual Club Alpino Ourensán, xa van 18, contando de novo co importante patrocinio da “Fundación Florencio Álvarez e María Teresa Esteban”, grazas os cales un ano mais teremos a posibilidade de gozar de emocionantes aventuras contadas polos seus protagonistas.

Programa

Os albores da montaña. Historia da montañismo ourensá dende os 70’s, polos ex-presidentes do Club Alpino Ourensán.

Luns 21 de novembro ás 20:30 horas

A montaña e Ourense teñen relación. Ao longo dos últimos 35 anos, numeros alpinistas e escaladores ourensáns coroaron algunhs dos cumios mais míticos do Alpinismo. Xunto ás persoas que foron testemuñas desa época, percorreremos a historia da relación de Ourense coa montaña.

Patagonia: Alpinismo salvaxe, por Manu Veiga.

Martes 22 de novembro ás 20:30 horas

Durante o primeiros vinte días do mes de xaneiro de 2016, un membro do Club Alpino Ourensán xunto con outros dous alpinistas realizaron unha serie de actividades na Patagonia Arxentina. O descubrimento do alpinismo austral, dos costumes locais e dos ventos patagónicos serán a canle polo que navegaremos nesta proxección.

 

Dereito e Montaña: século e medio de relación, por Alejandro López.

Mércores 23 de novembro ás 20:30 horas

Desde os albores do montañismo, o Dereito estivo patente en moitas das xestas do alpinismo, desde Whimper no cervino, á primeira do Eiger, a épica de Bonatti no Annapurna ou as actuais actividades no Himalaya invernal, trataremos de analizar os problemas xurídicos e de responsabilidade que se expoñen no mundo da montaña e que afectan a un gran  número de persoas, desde unha visión histórica ata a actualidade!

 

Volta ao Mundo a pé: A conquista dun soño, por Nacho Dean.

Xoves 24 de novembro ás 20:30 horas

A historia dunha volta ao mundo camiñando que levou a Nacho Dean durante 3 anos a percorrer 4 continentes, 31 países e 33.000 quilómetros en solitario, sen asistencia e sen interrupción.

 

Ponencia do Equipo Feminino de Alpinismo FEDME

Venres 25 de novembro de novembro ás 20:30 horas

Ao longo de tres anos, as mozas seleccionadas para formar parte do Equipo Feminino de Alpinismo realizan varias concentracións anuais viaxando por toda España e polos países Alpinos. Neste relatorio as mozas presentarán as súas actividades e compartirán a súa paixón pola montaña, tanto no verán como no inverno, con esquís, piolets, pés de gato ou botas e crampons, de día, de noite, en vivacs improvisados ou en refuxios de montaña, pero sempre cun sorriso e con bo humor!

 

 

Horario: 20:30 horas

Lugar: Auditorio municipal de Ourense . A entrada é pola rúa Emilia Pardo Bazán (como mostra a imaxe).

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón