Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Multiactividade montaña leonesa Semana Santa 6-9 abril

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 6 Abril
Finaliza: 9 Abril

A actividade de Semana Santa 2023 vai tomar como centro de operacións o Camping de Laciana Aventura, en Villablino.…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 29 de Marzo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Multiactividade montaña leonesa Semana Santa 6-9 abril
A actividade de Semana Santa 2023 vai tomar como centro de operacións  o Camping de Laciana Aventura, en Villablino.

Coordinadoras:

  • MONTAÑA: Nina
  • INFANTIL: Sandra e Laura
  • ACTIVIDADES CULTURAIS (requiren reserva): Sandra e Laura

Descarga PDF – Informacion actividade VAL LACIANA

Información útil

  • Comezo (lugar, hora…): Xoves 6 de abril ás 9 da mañá no camping de Villablino Laciana Natura.
    Fin: domingo 9 de abril despois da actividade
  • Transporte: Medios própios.
  • Material recomendado: Calzado e roupa de montaña, mochila para actividade de día, ropa de abrigo e material de escalada que se teña. Se houbese neve é necesario levar piolet, crampóns e raquetas de neve . (O clube dispón de material para quen non o teña)
  • Pernocta: O clube non se fai cargo da reserva do aloxamento. Temos o Camping Laciana Natura en Villablino con bungalows. Xestión das reservas é por conta de cada participante)
  • Nota: As actividades propostas poderán ser alteradas de orden ou modificadas polas coordinadoras en función da meteoroloxía e condicións dos roteiros. No grupo de whatsapp que se cree para a saída recordaremos día a día as actividades do día seguinte.

Información Técnica

Outras actividades

ESCALADA:

O non atopar escolas de escalada en Laciana, nos achegaremos á máis próxima:

Requisitos para participar

Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade

Prezo:

A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas (Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón