Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo: Ribeira Sacra do Miño 16-04-2023

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 16 Abril
Categoría:

Sendeirismo: Ribeira Sacra do Miño 16-04-2023 Non podíamos deixar a Ribeira Sacra do Miño, sen facer esta fermosa etapa. Na primeira, que realizamos o pasado quince de Xaneiro, a principal protagonista foi a auga nas súas diversas formas. Nesta ocasión disfrutaremos da renovada primavera con espectaculares vistas, frondosos bosques, aldeas como Bexán, esquecida da man…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 12 de Abril podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Sendeirismo: Ribeira Sacra do Miño 16-04-2023

Non podíamos deixar a Ribeira Sacra do Miño, sen facer esta fermosa etapa. Na primeira, que realizamos o pasado quince de Xaneiro, a principal protagonista foi a auga nas súas diversas formas.

Nesta ocasión disfrutaremos da renovada primavera con espectaculares vistas, frondosos bosques, aldeas como Bexán, esquecida da man do home dende fai varias décadas, antiguos eremitorios e templos románicos, como Santo Estevo de Rivas de Miño ou San Paio de Diamondi, a donde chegaremos percorrendo a súa empedrada calzada romana. Sentiremos en carne propia o importante esforzo que supón ascender por eses empinados viñedos, sen apenas carga alguna, podendo imaxinar o que suporía facer eso mesmo con un “cesto culeiro” atestado de uvas e apreendendo o verdadeiro significado da denominada “viticultura heroica”.

Podedes estar seguros de que esta etapa non desmerece en modo algún á anteriormente realizada, os que xa fixestes a primeria, non deberíades de perder a ocasión de ser parte desta nova experiencia na Riberia Sacra do Miño. Para os que non fixerades a primeira, podedes igualmente participar desta e deixar para ortra ocasión a anterior.

A etapa suporá un esforzo considerable, con preto de 20 km de percorrio, fortes pendentes e case 1.000 m de desnivel acumulado, tanto de subida como de baixada. A calificación M.I.D.E. que lle otorgamos é 2-2-4-4.

MEDIO: 2.- Teremos máis de un factor de risco. Compre prestar atención para non escorregar e teremos que manter o equilibrio en paso puntual. Recomendamos calzado axeitado, non sendo unha boa opción o uso de zapatillas deportivas.

ITINERARIO: 2.-O camiño, en xeral ten traza e está ben sinalizado, con algunha excepción, pero como iremos acompañados de quen xa o coñece, non teremos problemas neste aspecto.

DESPRAZAMENTO: 4.- Debido á caída de algunhas árbores, en algún punto verémonos obrigados a facer uso das mans para progresar.

ESFORZO: 4.- Anque non superamos os 1.000 m de desnivel acumulado, o percorrido vai durar máis de 6 horas, polo que é imprescindible levar comida e auga para pasar o día.

O desprazamento o lugar de inicio da ruta farase en vehículos particulares e como a etapa é lineal, teremos que deixar, como na anterior ocasión, coches no inicio e no final da ruta (Igrexa de Santo Estevo de Rivas de Miño e Igrexa de San Martiño da Cova en Soane).

Como ven sendo costume, partiremos da Universidade, ás 9 h da mañá do Domingo 16 de Abril.

Transporte:Coches particulares

Requisitos para participar:
Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade


Prezo:A actividade é gratuíta.

Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)

A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@

Coordinadores: Carmela e Quique

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón