Esta actividade xa está pechada a novas participacións debido a necesidade de solicitar un permiso, que foi solicitado hai aproximadamente un ano. No caso de que a previsión meteorolóxica non sexa favorable a actividade realizarase igual, polo que é necesario prever que pode haber choiva ou outras inclemencias meteorolóxicas. O punto de quedada será o…
Esta actividade xa está pechada a novas participacións debido a necesidade de solicitar un permiso, que foi solicitado hai aproximadamente un ano.
No caso de que a previsión meteorolóxica non sexa favorable a actividade realizarase igual, polo que é necesario prever que pode haber choiva ou outras inclemencias meteorolóxicas.
O punto de quedada será o día 26 ás 09:00 horas no Centro de Recepción de la Reserva Natural Integral de Muniellos, 33811 Tablizas, Cangas del Narcea. Mapa Google
IMPRESCINDIBLE LEVAR O D.N.I.
O primeiro día a ruta será a ruta longa señalizada do Parque de Muniellos http://reservademuniellos.blogspot.com.es/p/rutas_07.html
Altura máxima: 1.350 m
Distancia (circular): 20 km
Tiempo total: 7-8 h
Nivel de dificultad: Medio
O segundo día realizarase unha ruta pola zona de aproximadamente 10 km pola mañá para voltar a Ourense pola tarde.
DURMIR
MATERIAL
O material recomendable é o usual para calquera actividade de sendeirismo, roupa e botas axeitadas, así como comida para ambos días.
Para durmir é preciso levar saco.
PREZO DA ACTIVIDADE
So aloxamento 15€ por noite.
Aloxamento mais almorzo 20€ por noite.
Media pensión 30€ por noite.
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
Normas de participación nas actividades
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.