Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Prácticas escalada artificial en parede

  • Esta actividade xa finalizou.

Actividade Navegación

Comeza: 26 Novembro
Finaliza: 27 Novembro
Categorías: ,

Actividade de nivel básico para repasar técnicas de progresión en artificial, para montañeiros e espeleólogos. Lugar: Escola de escalada de Faro de Budiño, Pontevedra. A actividade realizarase nas inmediacións do refuxio de Faro de Budiño. Horario: tarde do Sábado e mañá do Domingo O punto de encontro será o refuxio do Club Peña Trevinca-Montañeros de…


Actividade de nivel básico para repasar técnicas de progresión en artificial, para montañeiros e espeleólogos.

Lugar: Escola de escalada de Faro de Budiño, Pontevedra.

A actividade realizarase nas inmediacións do refuxio de Faro de Budiño.

Horario: tarde do Sábado e mañá do Domingo

O punto de encontro será o refuxio do Club Peña Trevinca-Montañeros de Galicia sito en Budiño. (WGS84 42°7.72′ N 8°35.12′ W)

Material recomendado: casco, arnés, frontal, comida, bebida, equipo de pernocta.

Existe a posibilidade de pernocatar no refuxio, pero as prazas son limitadas e non dispón de electricidade nin servicios.

Prazo para inscribirse:  Ata o venres 25 ás 16 horas.

Apúntate en [email protected]

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón