Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Cea anual

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 1 Decembro
Categoría:

Chega de novo a cea anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste 2017 e abrir novos proxectos entre risas…e volven, un ano mais tamén, os “CAM aguards”. Este ano, a novidade é podes nominar a ese socio que cres merecedor dun “CAM aguard”. Coma nos mellores premios :-p!…


Chega de novo a cea anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste 2017 e abrir novos proxectos entre risas…e volven, un ano mais tamén, os “CAM aguards”.

Este ano, a novidade é podes nominar a ese socio que cres merecedor dun “CAM aguard”. Coma nos mellores premios :-p!
Escríbenos co nome do socio ou socia, e o premio, que pola súa determinación, bo facer, espríritu e sobre todo, orixinalidade e falta de vergoña, cualidades que todo gañador dun CAM aguard debe demostrar, consideras que debería recibir este prestixioso galardón.

Lembra que na cea, ademais dos mencionados premios, tamén se entregarán os premios do concurso de fotografía e o premio popular.

E agora pasamos a cea…

MENÚ

Primeiros

  • Taboa de ibéricos
  • Polbo a feira
  • Chipiróns a grella

 

Segundos

  • Solomillo con queixo de arzúa e salsa de cogumelos
  • Pescado (probablemente bacallau á portuguesa, pero en función dos anotados)

ou

Menú Vexetariano

Primeiro

  • Boqueróns veganos
  • Grellada de verduras

Segundo

  • Arroz Vexetal

 

Variado de postres caseiros
Viños: Ribeiro e Mencía
Licores

Prezo: 25 €

LUGAR

A Casa do Boi
Rúa Ramón Puga Noguerol 27, Ourense
1 de decembro ás 22:00

APUNTARSE

Antes do 24 de novembro enviando un correo-e a [email protected] e achegando o xustificante de pago da cea (25€) ou no local do club. Indica o segundo prato que desexas.
Nº conta bancaria: ES06 0019 0448 4840 1002 8285

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

Data: 25 Novembro
Categoría:

Outro ano máis e xa van 45, chega a Cea Anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste ano 2016 e abrir novos proxectos entre risas…e sobre todo non te perdas a II Edición dos premios simbólicos CAM aguards. ¿Quen recibirá o CAM aguards ao mellor vestiario este ano?…


Outro ano máis e xa van 45, chega a Cea Anual do Club, un evento sin igual para compartir todas as nosas aventuras deste ano 2016 e abrir novos proxectos entre risas…e sobre todo non te perdas a II Edición dos premios simbólicos CAM aguards.

¿Quen recibirá o CAM aguards ao mellor vestiario este ano? Apúntate xa e descúbreo.

CENA

Mais info:

LUGAR E HORA.

25 de Novembro as 22.30. Restaurante La Herradura.(

MENÚ:

CARNÍVORO:

Entrantes: Empanada ó dente, xamón serrano, pudding de rape e zamburiñas

Segundo a escoller:

  • Bacallau á grella en fondo de patacas e cebola confitada
  • Entrecosto de tenreira suprema a grella con patacas fritidas.

Sobremesa: Tarta de queixo artesanal.

VEXETA:

Entrantes: Ensalada temperada do tempo e variado de verduras salteadas á grella

Segundo: Arroz meloso de champiñóns e setas.

Sobremesa: Macedonia de froitas.

Inclúe: Viño, cafés e chupitos.

PREZO 25€.

APUNTARSE: Antes do 18 de Novembro enviando un email a [email protected] e achegando o xustificante de pago da cea. (25€) (lembramos o nº da nova conta do club: ES06 0019 0448 4840 1002 8285) ou ben no local do club).

Tamén indicanos que segundo queres.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón