Exploración e travesía de a mítica cova de o Pico Sacro A cova do Pico Sacro é pequena pero resultona. Nun breve percorrido temos a posibilidade de poñer en xogo as principais habilidades de descenso e ascenso con corda. Moi indicada para «refrescar» coñecementos ou compartir novas habilidades. Sendo posible ademais realizar unha travesía completa baixo a montaña neste pequeno percorrido. Comezo : Domingo…
O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
Ata o Mércores 05 de Outubro podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Exploración e travesía de a mítica cova de o Pico Sacro
A cova do Pico Sacro é pequena pero resultona. Nun breve percorrido temos a posibilidade de poñer en xogo as principais habilidades de descenso e ascenso con corda. Moi indicada para «refrescar» coñecementos ou compartir novas habilidades. Sendo posible ademais realizar unha travesía completa baixo a montaña neste pequeno percorrido.
Comezo : Domingo 9 de Outubro ás 11 A.M Aparcamento do Pico Sacro.
Material necesario:Equipo habitual de progresión vertical (arnés completo, cabos de ancoraxe,bloqueadores e descensor), casco con iluminación, luvas finas e funda ou roupa adecuada. Pode solicitarse material de progresión no Club (número limitado de equipos)
Levar comida e bebida para media xornada. Actividade interedad, non se precisan aptitudes físicas ou técnicas especiais, basta estar familiarizado co manexo se cordas e uso correcto do arnés.
Transporte:Coches particulares
Requisitos para participar: Ser socio/socia do clube e estar en posesión de licencia federativa vixente para esta actividade
Prezo:A actividade é gratuíta.
Prazas limitadas(Requirirase un mínimo de 5 participantes para que a actividade se leve a cabo)
A inscrición non será válida se no momento de facela non se cumpren os requisitos de soci@ e federad@
Coordinador: J.Moldes
Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).
Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.
O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.
Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón