Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Pirineos 2018 Ordesa

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 5 Agosto
Finaliza: 12 Agosto
Categorías: , ,

Un ano mais, xa andamos a organizar a edición 2018 da actividade de Pirineos. Como xa comunicáramos este ano dirixímonos ó Val de Ordesa e Monte Perdido, segundo Parque Nacional de España.…


 

Un ano mais, xa andamos a organizar a edición 2018 da actividade de Pirineos. Como xa comunicáramos, este ano dirixímonos ó Val de Ordesa e Monte Perdido, segundo Parque Nacional de España e que este ano cumple 100 anos, declarado patrimonio da Humanidade pola UNESCO no 1977, formado polas abraiantes e inigualables paisaxes dos Vales de Ordesa, Bujaruelo, Pineta, Anísclo, Escuain…

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Venres 13 de xullo mediante o formulario web ou o correo [email protected]
  • Mércores 11 de xullo no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Ao inscribirte solicítase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, cidade de saída e prazas dispoñibles, e se precisas aloxamento. Se vas aloxarte no cámping é imprescindible que indiques se levas tenda e se é pequena ou grande (temos que comunicalo ao cámping).

Cámping

O cámping escollido para esta actividade é o cámping Rio Ara, enclavado nos Pirineos Centrais, en Torla-Ordesa ás portas do citado Parque Nacional.

Debido ás datas, os outros cámpings que hai pola zona e tamén no Val de Bujaruelo non realizan reservas, polo que non garantian que tivésemos as prazas suficientes de  acampada ao chegar, polo que a opción escollida foi o cámping Rio Ara, único que nos reservaba un espazo, sen embargo este non dispón de bungalós, pero tanto na aldea de Ordesa coma no cámping Ordesa, ambos pretos da opción escollida existen alternativas de pernocta.

Este cámping está pasado Torla e en dirección Ordesa, a 200 metros a dereita está o desvío cara o Río Ara, último río salvaxe dos pirineos e en cuxas proximidades está o cámping.

Contacto cámping:

Coma sempre, dende o club reservamos a zona de acampada, sendo responsabilidade de outros participantes xestionar outras opcións coma bungalós, albergues, hostais, etc

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón