Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo por Boborás

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 21 Xullo
Categoría:

Ruta de sendeirismo pola zona de Boborás e Pazos de Arenteiro…


Ruta de sendeirismo pola zona de Boborás e Pazos de Arenteiro

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 17 de xullo mediante o correo [email protected]
  • Mércores 18 de xullo no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 en Pazos de Arenteiro, na explanada xunto ao río.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Información

Ruta de Boborás

  • horario6h’
  • desnivel de subida1019m
  • desnivel de baixada993 m
  • distancia horizontal25,31 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Ruta circular polas inmediacións de Boborás. A saída será dende Pazos de Arenteiro camiñando cara Sagra e Ponte Veiga, para, no Outeiro, pechar a circular pasando polas inmediacións da aldea de Boborás. Trátase dunha ruta cirular case sen dificultade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón