Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Quedada de barrancos no Mao

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 2 Xullo

Quedada no Mao para conmemorar o 45 aniversario do club e o primeiro descenso do canón. A proposta e facer dous grupos Os que baixen facendo baranquismo polo Mao. Os que baixen facendo sendeirismo polo PR-G 177. Ao final, haberá unha comida na casa da Luz. Material recomendado: Casco, arnés, neopreno, calzado axeitado, descendedor, mosquetón…


Quedada no Mao para conmemorar o 45 aniversario do club e o primeiro descenso do canón.

A proposta e facer dous grupos

  • Os que baixen facendo baranquismo polo Mao.
  • Os que baixen facendo sendeirismo polo PR-G 177.

Ao final, haberá unha comida na casa da Luz.

Material recomendado: Casco, arnés, neopreno, calzado axeitado, descendedor, mosquetón HMS e un cordino.

Mais información e inscripción en [email protected]

Aínda que pode ser unha actividade propicia para barranquistas nóveles, non se trata dun curso, por tanto é necesario ter os coñecementos básicos de descenso de barrancos, xa que non haberá ningún monitor nin guía pendente dos participantes. Non obstante o organizador coñece o barranco, podendo orientar aos participantes en canto a dificultade e/ou equipamento. 

 

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón