Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

XXIII Concurso fotográfico Club Alpino Ourensán

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 1 Agosto
Finaliza: 22 Outubro
Categoría:

Bases XXIII concurso fotográfico Club Alpìno Ourensán 2023 (descargar aquí) 1. Entidade organizadora do concurso O Club Alpino Ourensán, con domicilio na Rúa Ervedelo,  32-34 Local 59 (Galerías Couto), 32002, Ourense,  organiza o XXIII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán (en adiante o Concurso). 2. Datas de inicio e finalización O prazo de recepción de fotografías…


Bases XXIII concurso fotográfico Club Alpìno Ourensán 2023 (descargar aquí)

1. Entidade organizadora do concurso

O Club Alpino Ourensán, con domicilio na Rúa Ervedelo,  32-34 Local 59 (Galerías Couto), 32002, Ourense,  organiza o XXIII Concurso de fotografía Club Alpino Ourensán (en adiante o Concurso).

2. Datas de inicio e finalización

O prazo de recepción de fotografías comeza ás 00:00 do 11 de setembro de 2023 e remata ás 23:59 o 15 de outubro de 2023.

3. Como participar

3.1. O Concurso é exclusivo e está aberto a tódolos socios do Club Alpino Ourensán.

3.2. Non poden participar o gañador da edición anterior nin os membros do xurado.

3.3. A participación no Concurso é de balde.

3.4. Os participantes só poderán presentar as súas fotografías a través do enderezo electrónico [email protected].

3.5. Os participantes poderán enviar ata un máximo de 3 fotografías.

3.6. No correo electrónico, os participantes deberán indicar:

– Título de cada fotografía

– Nome e apelidos do autor

– Datos de contacto: número de teléfono e dirección de correo electrónico.

3.7. As fotografías deben presentarse en formato dixital.

3.8. Debido a que as fotografías vanse imprimir para a súa exposición é necesario un mínimo de calidade, polo deben ter un tamaño mínimo de 30×40 cm e unha resolución mínima de 300 puntos por pulgada (3/4 A3).

3.9. Non se aceptarán as fotografías recibidas fora do prazo establecido no Punto 2.

4. Tema

As fotografías deben estar relacionadas coas actividades levadas a cabo polos socios do Club Alpino Ourensán en tódalas súas modalidades: montaña, sendeirismo, escalada, esquí, espeleoloxía, descenso de canons, bicicleta, caiac, paisaxes, flora, fauna, as súas xentes, etc.

5. Obras

5.1. As fotografías non deberán incluír marcas de auga, marcos ou firmas.

5.2. As fotografías non deben conter ningún contido, material ou elemento que exhiba calquera tipo de publicidade de terceiros, slogan, logotipo ou marca rexistrada que indique un patrocinio por un terceiro, entidade comercial ou que non estea dentro do espírito do Concurso, conforme sexa determinado polo Organizador do Concurso e segundo o seu exclusivo criterio.

5.3. As fotografías non deben ser ou ter contido despectivo, ofensivo, ameazante, difamatorio, que promova o odio ou danos contra calquera persoa ou grupo de persoas, ou que doutro xeito non cumpra co tema e espírito do Concurso.

5.4. Acéptanse fotografías en branco e negro.

5.5. As imaxes non deberían ser enviadas a ningún outro concurso nin ter gañado premio de calquera tipo.

6. Concursantes

6.1. O participante debe ser o creador da obra orixinal e titular dos dereitos de autor.

6.2. Non se poderá ceder nin dispoñer ningún dereito sobre as fotografías que puidese constituír un conflito co Concurso.

6.3. É responsabilidade do participante asegurarse de que se obteñan tódolos permisos necesarios de calquera persoa que apareza na fotografía.

6.4. Ao presentar as súas obras, os participantes aceptan estar suxeitos a estas bases e regras. Calquera incumprimento das bases supoñerá a anulación do participante.

7. Premios

7.1. Cada participante só pode acadar un premio.

7.2. O importe dos premios farase en metálico.

7.3. Os premios constan dun Primeiro Premio, 3 accésits e o Premio Popular.

7.4. Importe dos premios:

  1. Primeiro premio: 200 €
  2. Accésit: 30 €
  3. Premio Popular: 100 €

7.5. Os premios entregados non son transferibles nin susceptibles de cambios, alteracións ou compensación a petición dos participantes, non podendo se trocado por calquera outro produto.

8. Xurado

8.1. Os gañadores do primeiro premio e os 3 accésits serán seleccionados por un xurado formado por un número impar de persoas, contando cun profesional da fotografía, o gañador da edición anterior do Concurso e, polo menos un socio do Club Alpino Ourensán elixido pola Xunta Directiva de entre os que se presenten como voluntarios.

8.2. No caso de que os seleccionados foran descualificados, o xurado resolverá esta situación e poderá escoller unha segunda fotografía dun autor diferente como gañador do Concurso. A decisión do xurado será inapelable.

8.3. O Club Alpino Ourensán resérvase o dereito a descualificar a calquera participante que, baixo criterio exclusivo do Xurado, intentase prexudicar ao Concurso por erro ou outras prácticas desleais.

9. Premio Popular

9.1. O “Premio Popular” será elixido por votación dos socios do Club Alpino Ourensán entre as obras presentadas, excluíndo as seleccionadas polo xurado.

9.2. As obras poderán ser votadas por correo electrónico a través do enderezo electrónico [email protected].

9.3. Estas serán expostas e numeradas na páxina web do Club Alpino Ourensán, habilitándose unha aplicación a tal efecto.

9.4. O período de votación para o Premio Popular será do 22 de outubro ao 5 de novembro de 2023.

9.5. So se admite un voto por socio.

10. Resolución

10.1. Os gañadores do primeiro premio e accésits serán anunciados na páxina web do Club Alpino Ourensán en outubro do 2023. Estes serán notificados por teléfono e/ou correo electrónico, a criterio do Organizador.

10.2. O resultado da votación do Premio Popular farase público na páxina Web do Club en Novembro 2023.

11. Dereitos de propiedade intelectual

11.1. Os participantes garanten que as súas fotografías son un traballo orixinal e, como tal, son o propietario e titular único dos dereitos das fotografías presentadas e que teñen dereito a presentar as fotografías ao Concurso e conceder todas as licenzas necesarias.

11.2. Ata o límite máximo permitido pola lei, cada participante exime ao Club Alpino Ourensán de calquera responsabilidade, reclamación, demanda, perdas, dano, custo e/ou gasto derivado de calquera acto, defecto ou omisión do participante de:

  1. fotografías enviadas polo participante que violen dereitos de autor, marca rexistrada ou outros dereitos de propiedade intelectual de calquera persoa ou difame calquera persoa ou infrinxa os seus dereitos de publicidade ou privacidade.
  2. calquera declaración falsa feita polo participante ao participar no Concurso.
  3. calquera erro tipográfico ou de impresión.

11.3. A propiedade intelectual das obras será do autor, con todo, ao participar no Concurso e na medida do permitido pola lei, os autores, tanto das fotografías gañadoras como do resto de fotografías enviadas, autorizan ao Club Alpino Ourensán, cunha licenza non exclusiva, libre de regalías, perpetua e mundial, para reproducir e comunicar ao público, sen revisión adicional, aviso ou aprobación, por calquera medio e para exhibir a súa fotografía ou fotografías e copias en calquera medio de comunicación de todo o mundo relacionado co Club Alpino Ourensán, incluíndo: a súa inclusión na páxina web do Club Alpino Ourensán, redes sociais, exposicións, revistas e demais publicacións, material promocional, de prensa e de márketing (como artigos de prensa e folletos) asociados ao Club Alpino Ourensán.

11.4. O Club Alpino Ourensán non explotará comercialmente as fotografías. Tódolos dereitos de explotación comercial serán propiedade dos seus respectivos autores.

11.5. Todas as fotografías utilizadas polo Club Alpino Ourensán, sempre que sexa posible, irá provista dunha liña de créditos indicando o seu autor. Non poderá reclamarse como incumprimento o non poñer devandito crédito, aínda que o Club Alpino Ourensán fará esforzos para corrixir a omisión.

12. Privacidade

12.1 Ao participar, os participantes acceden a que os datos persoais indicados durante a participación, incluíndo nome, apelidos, enderezo electrónico e número de teléfono sexan procesados, almacenados e utilizados para os fins e no marco do Concurso.

12.2. Os participantes teñen dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición (ARCO) dos seus datos persoais mediante escrito a dirección de correo electrónico contacto@ clubalpinoourensan.es.

12.3. O participante que non proporcione os datos esixidos no momento da inscrición, non será aceptado.

12.4. Ao aceptar un premio, o participante acepta e consente por parte do Club Alpino Ourensán o uso do nome de participante durante un período razoable despois da conclusión do Concurso.

13. Cancelación e/ou modificación

Se por calquera razón o Concurso non puidese executarse como estaba planificado, incluíndo a infección de ordenadores por virus, erros, cambios, intervencións non autorizadas, fraude, fallos técnicos ou calquera outras causas que afectan a administración, seguridade, xustiza, integridade, ou conduta correcta do Concurso, o Club Alpino Ourensán resérvase o dereito ao seu exclusivo criterio, de cancelar, rematar, modificar ou suspender o Concurso.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón