Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo en Tui

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 21 Abril
Categoría:

  Proposta do vogal de sendeirismo pola zona de Tui. Percorrerase a ruta entre ás poboacións de Tui e Caldelas de Tui. Esta é unha atividade apta para nenos e posiblemente ao final haxa a posibilidade dun furancho. Os rapaces é recomendable que vaian en bicicleta, ademais, atrasaríase ás 11 da mañá a hora de…


 

Proposta do vogal de sendeirismo pola zona de Tui. Percorrerase a ruta entre ás poboacións de Tui e Caldelas de Tui.

Esta é unha atividade apta para nenos e posiblemente ao final haxa a posibilidade dun furancho.

Os rapaces é recomendable que vaian en bicicleta, ademais, atrasaríase ás 11 da mañá a hora de quedada no caso de que houbera menores apuntados.

Inscripción

Data límite para a inscripción:

  • Martes 17 de abril mediante o correo [email protected]
  • Mércores 18 de abril no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Importante: Se te inscribes por correo solicitase informar de se estás disposto/a a levar vehículo propio, prazas e cidade de saída, así como se se precisa material e que noites precisas aloxamento.

Información útil

Comezo(lugar, hora…): O punto de quedada é no Club de Remo e Piraguismo de Tui ás 10:00. Google Maps https://goo.gl/maps/TyrQfAuF9dz

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga.

Información

Ruta de Tui a Caldelas de Tui

  • horario4h 30′
  • desnivel de subida113 m
  • desnivel de baixada113 m
  • distancia horizontal15 km
  • tipo de percorridoIda e Volta
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario1
  • dificultade no desprazamento1
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

O percorrido vai ao carón do Miño, con grande interese paisaxístico, xa que pola zona do río a ruta discorre por carreiros con vistosa arboreda de loureiros, castiñeiros e carballos. Pegados a este río chegaremos ata Caldelas dende Tui e volveremos pola mesma ruta.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón