Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo infantil, Río Tea

  • Esta actividade xa finalizou.
Data: 13 Xullo
Categoría:

SENDEIRISMO RÍO TEA: Ruta fluvial seguindo o curso do Río Tea do que aproveitaremos tamén as súas zonas de baño. 10 km.

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 10 de Xullo podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): MONDARIZ BALNEARIO 10:30. Para a xente que é de Ourense a saída é as 9:40 do Pabellón dos Remedios.

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Mochila de día con picnic, bañador e toalla para os baños

 

Información

Sendeirismo río tea

  • horario3h25′
  • desnivel de subida206 m
  • desnivel de baixada206 m
  • distancia horizontal12 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural1
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2019.

Ruta que percorre o río Tea polo municipio de Mondariz Balneario. Xusto detrás das instalación do balneario arracaremos a ruta, onde o río Xabriña se convirte no Río Tea.

Ruta para desfrutar e pasar una boa xornada e na que aproveitaremos tamén para darnos algún baño o longo do percorrido.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón