Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Sendeirismo infantil e adulto

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 15 Xuño
Finaliza: 16 Xuño
Categoría:

Sendeirismo pola Mariña Lucense:
Dia 15 Sendeiro PRG-8 Morgallón-Rio Sor-Morgallón De 9,3Km. (Actividade Apta Para Nenos).
Día 16 Etapa 7 do Camiño natural do noroeste…

  • O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
  • Ata o Mércores 12 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura

Información útil

Comezo(lugar, hora…): Día 15: Lugar Morgallón ás 10:30
Día 16: Porto Barqueiro ás 10:00

Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.

Material recomendado: Roupa e calzado axeitado, gafas de sol, manta térmica, frontal, comida e auga, bañador.

Pernocta: As persoas que así o indiquen podemos buscarlles aloxamento na zona ou ben, se o tempo o permite, vivaquear nalgunha das praias da zona.

Os que desexen vivaquear tamén saco de durmir e comida para a cea.

Día 15

Sendeiro Prg8 Morgallón-Rio Sor-Morgallón

  • horario3h’
  • desnivel de subida200 m
  • desnivel de baixada200 m
  • distancia horizontal9,3 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento1
  • cantidade de esforzo necesario2

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Ruta de 9,3km. Circular de interior que percorre o cauce do río Sor, no concello de O Vicedo. Ruta sen dificultade pero moi fermosa e apta para nenos. Tempo estimado de actividade 3,5 horas.

Xa pola tarde poderemos baixar a darnos un baño polas praias de O Vicedo (Xilloi ou similar), dende onde podemos acceder a fermosos miradoiros sobre a Mariña Lucense

Día 16

Etapa 7 do Camiño natural do noroeste

  • horario6h5′
  • desnivel de subida200 m
  • desnivel de baixada200 m
  • distancia horizontal19,5 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario2
  • dificultade no desprazamento2
  • cantidade de esforzo necesario4

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2017.

Etapa nº7 de 19,5 km. do camiño natural do noroeste que se desenrola pola costa dende Porto Barqueiro ata Porto Espasante. A volta faremola no Feve que circula por toda a costa, facilitando tamén o regreso anticipado en calqueira das paradas do tren a aquelas persoas que así o desexen.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón