A Sima Teixeira e unha das simas de obligatoria visita polos amantes da espeleoloxía na serra do Courel (provincia de Lugo). Posúe un curso hídrico de auga que durante todo o ano sempre acaba mollándote, ademáis de espectaculares vistas da comarca dende a súa entrada.…
- O prazo de inscipción online a esta actividade xa finalizou.
- Ata o Mércores 12 de Xuño podes inscribirte no local do club ou por teléfono en horario de apertura
Información útil
Os participantes deberán aportar nome completo así como DNI, posto que como se encontra dentro de Rede Natura e deberase pedir permiso para a actividade.
Comezo(lugar, hora…): Ás 09:00 do sábado 29 na Cafetería Lux, nas Lagoas frente a Universidade. Dende aquí viaxaremos cara O Courel.
Desprazamento: O desprazamento realizarase en coches particulares.
Material recomendado: Equipo completo de vertical para espeleoloxía, así como roupa de recambio, comida para os dous días, saco de dormir, esterilla e material para asearse.
Pernocta: No Refuxio que a Federación Galega de Espeleoloxía posúe en Liñares. Enlace: http://www.espeleoloxia.org/web/es/refugios/
Requisitos para participar: Posuír a Licenza de espeleoloxía da Federación Galega, ter curso de iniciación e ser totalmente autónomo nas manobras.
Sima Teixeira
Información da aproximación
- Aproximación de apróximadamente 2 kilómetros con pasos por caminos con afluencia de auga e trepadas.
Información da Cavidade
- Lonxitude e desenrolo vertical estimado duns 500 metros y 150 metros respectivamente