Hosting por Logo dinahosting
Cargando Actividades

« Todas as actividades

Travesía pola Serra de Queixa

  • Esta actividade xa finalizou.
Comeza: 18 Marzo
Finaliza: 19 Marzo
Categoría:

Duas actividades sen dificultade polo entorno da Serra de Queixa. Unha delas coa ascensión ao Seixo e a outra pola zona de Trives.…


Data límite para anotarse
Mércores 15 de marzo
Lugar xeral
Serra de Queixa
Pernocta
Refuxio ou abergue
Medios de transporte
Medios propios (vehículo particular)

 

Apúntate en [email protected] ou no local do club.

Duas actividades sen dificultade polo entorno da Serra de Queixa. Unha delas coa ascensión ao Seixo e a outra pola zona de Trives.

Información de pernocta: A pernocta nun principio será no Albuergue de Gabín, no concello de Montederramo.

Material recomendado: Botas e roupa axeitada, Frontal, Manta térmica, Gafas de sol , raquetas

Ruta do Val do Navea, sábado 18

Val do Navea

  • horario5
  • desnivel de subida734 m
  • desnivel de baixada734 m
  • distancia horizontal18 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural2
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario3

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Esta Ruta parte de San Xoan de Río e percorreremos os espectaculares bosques da súa contorna, nos que conviven carballos, carbas e castiñeiros.

O río Navea rende as súas augas no Bibei pouco antes de que este desaugue á súa vez no Sil, ao cal lle espera o mesmo no Miño. Toda unha carambola das augas que pon en contacto o Macizo Central ourensán co maior sistema fluvial do noroeste peninsular, o Miño-Sil. Todos estes ríos labraron corredores naturais cunha paisaxe a medida. O val do Navea é o que se conserva menos alterado. No comezo do espazo protexido está un dos seus principais atractivos: Ponte Navea, construído na Idade Media sobre os restos da antiga ponte romana. Informacion de turismo.gal

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Ascensión ao Seixo, domingo 19

Ascensión ó Seixo

  • horario6
  • desnivel de subida911 m
  • desnivel de baixada911 m
  • distancia horizontal15,16 km
  • tipo de percorridoCircular
  • severidade do medio natural3
  • orientacion no itinerario3
  • dificultade no desprazamento3
  • cantidade de esforzo necesario3
  • pendente de neve40 º

Condicións en Tres estacións, tempos estimados segundo criterio MIDE, sen paradas.

Calculado sobre datos de 2016.

Ascensión ao Seixo, segundo cumio do macizo, saindo dende a aldea de Requeixo.

Nesta actividade pode haber neve, polo que en función das condicións poderán ser precisas raquetas.

Non se prevén pasos de escalada nin rápeles na actividade.

Salvo que na información da actividade se indique o contrario, para participar na mesma é preciso apuntarse, así como ser socio do Club Alpino Ourensán e estar federado (cunha licenza federativa que cubra a actividade a realizar).

Ademais para participar nas actividades é preciso ter os coñecementos necesarios así como levar todo o material indicado.

Normas de participación nas actividades

O presente percorrido é unha proposta dun socio ou socia á cal se suman todos aqueles socios e socias que desexen realizalo, baixo a propia responsabilidade de cada un/unha dos/das participantes, sendo imprescindible dispoñer de seguro individual de accidentes. O club tan so facilita a organización do desprazamento e a difusión da actividade. Polo tanto non existe guía de montaña a cargo da actividade, nin se percibe cantidade algunha por tal concepto.

PECHAR

Ola! Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a web e a seguridade, pero non analizamos os hábitos de navegación navegación nin intentamos identificarte. Podes obter mais información nesta ligazón